13ªX.SENIOR: BC.DEGAIA 39 CASELAS 75

Encontro sen historia cun equipo portugués de Gaia moi descoñecido con respecto ao da primeira volta da liga, onde nos dera moitísimos problemas. Pero coa lección ben aprendida, esta vez os de Adrián Salgado saíron moi concentrados e deixaron os deberes feitos nos primeiros minutos cun elocuente 0-16 (aclarar que aínda que o partido xogouse no pavillón de Salceda, os locais eran os lusos, que xogaban de prestado na nosa cancha).

(máis…)

8ªX.SENIOR: CASELAS 64 RÍAS BAIXAS 59

Encontro moi disputado entre dous dos tres equipos que chegaban nesta xornada empatados na primeira posición da liga con 6 victorias e 1 derrota.

O partido foi igualado e duro. Moita intensidade e moito contacto, con poucos xogadores que se salvaron de levar algún golpe ou magulladura (aclarar que sen mala fe e con total deportividade por ambos lados).

(máis…)

7ªX.SENIOR: SEIS DO NADAL COIA 59 CASELAS 58

Rival difícil e cancha complicada na que o noso senior se presentaba con tres baixas.
Tras un mal inicio, os nosos reaccionaron e xogaron un partido moi disputado fronte a un gran rival. Destacar a gran actuación de David Ledo, que deu unha lección de fundamentos no poste baixo en ataque, e o traballo inconmensurable de Rober Temporao no rebote defensivo e ofensivo. Todo elo sen desmerecer o compromiso de todos.

(máis…)

6ªX.SENIOR: CASELAS 64 B.C.DE GAIA 63

Encontro duro e disputado no que o equipo portugués de Vila Nova de Gaia mostrou ter gran físico e bós tiradores. Por parte nosa fomos irregulares. Alternamos momentos brillantes en ataque apoiados en boas defensas que nos permitían coller ventaxas de 8-10 puntos, con momentos de desconcentración defensiva e no rebote. Isto permitiu aos visitantes facer a goma durante o partido.

(máis…)

Abrir chat
Ola 👋
En que podemos axudarche?