Fin de semana con menos partidos do habitual, debido á xornada de descanso das competicións infantil e cadete, tanto feminina como masculina, que aproveitamos para iniciar as actividades complementarias que imos levar a cabo durante toda a tempada 2022-23, coa asistencia ao partido do Celta Zorka Recalvi – Claret Valencia da LIGA CHALLENGE 2a División Española de Baloncesto Feminino.

SENIOR MASCULINO

blank

PBB C 48 – 41 C.B.CASELAS

Parciais: 12 – 8 / 10 – 7 / 12 – 15 / 14 – 11

Anotadores: Xur 10; Pablo 8 ; Alex 7; Eloy 6; Pedro 5; Jose 3; Iván 2; Rober; Bruno; Fredi; André; Jorge.

Mal partido do noso senior no derbi comarcal, disputado o pasado sábado ás 20:00h no pavillón municipal de Porriño.

Os de Martín non estiveron nada acertados en ataque e perderon moitos balóns con erros non forzados, nun encontro moi pobre en xeral.

Esta derrota ten que servir para darnos conta que na competición zonal as diferenzas entre os equipos son mínimas, o nivel é moi parello e gañar un partido custa unha barbaridade. Porriño chegaba a esta xornada sen victorias no seu casilleiro e gañounos con merecemento.

En ocasións, pode ser positivo ter un revés coma este para reactivarse e adestrar máis duro. Temos dúas semanas para seguir medrando e corrixindo erros de cara ao inicio da segunda volta da Liga. Ánimo!!!

CATEGORÍAS BASE

blank

MINIBASKET

Resultados moi desiguais nesta xornada tanto a favor coma en contra:

Mini Masculino: C.B.CASELAS 56 – 6 C.B.BAIONA

Mini Feminino: SEIS DO NADAL COIA 55 – 4 C.B.CASELAS

Premini Masculino: SALESIANOS “A” 50 – 0 C.B.CASELAS

JUNIOR FEMININO

blank

SEIS DO NADAL COIA 75 – 30 C.B.CASELAS

As nosas junior xogaron, sen dúbida, o partido máis duro do que vai de tempada, tanto polo rival, como polas baixas de Carla, Lucía Montes e Xulia.

As oito xogadoras que participaron, o intentaron e esforzáronse, pero a saída ao partido non foi a mellor e no primeiro periodo as locais domináronnos con claridade. Nos tres cuartos seguintes, o partido foi máis competido, aínda que con erros defensivos e perdas de balón que fixeron que o resultado fora tan abultado a favor das viguesas.

A seguir traballando de cara ao seguinte partido na casa perante Salesianos o próximo sábado 26 de novembro ás 12:30h!!!

O C.B.CASELAS VISITA NAVIA PARA ANIMAR AO CELTA FEMININO

blank

Unha expedición de 40 persoas do C.B.Caselas integrada por xogador@s da canteira, o coordinador deportivo Adrián, directiva e familiares, acudimos o pasado sábado ao pavillón de Navia para animar ao Celta Zorka Recalvi no seu enfrontamento perante o Claret Valencia, que rematou coa victoria para as locais por 56 a 49.

@s nos@s xogador@s da base puideron desfrutar dun gran ambiente nas bancadas e aprender moito do xogo de alto nivel das de Cristina Cantero. Agaradamos voltar pronto!

Esta actividade trátase da primeira das moitas que temos previstas para ofertar a xogador@s, familias, soci@s e seguidores do C.B.Caselas nesta tempada. Próxima parada: partido ANFIV VIGO – ALIADOS VALLADOLID (1a División de Baloncesto en Cadeira de Rodas) o sábado 3 de decembro.

Esta actividade será GRATUITA

Animádevos, podedes facer facilmente a inscrición neste enlace: https://forms.gle/vg9Fpx2LYbY2zgaz5