Gran éxito do noso Infantil Masculino que este pasado domingo acadou o billete á gran final de copa despois de gañar nas semifinais a Salesianos !!!

C.B. CASELAS ELECTRICIDADE CONDADO 64 – 41 SALESIANOS C

Os rapaces do Caselas saíron en tromba cun parcial de 12 – 0 no inicio do encontro, pero unha semifinal nunca é doada e o equipo visitante reaccionou no segundo cuarto igualando o marcador.

Máis durante a segunda metade os nosos dominaron con diferenzas de 15 a 20 puntos e impuxeron o seu ritmo de xogo grazas á aportación de todos os xogadores !!!

Triunfo moi merecido que pon a guinda a unha gran tempada do equipo.

Noraboa e agora toca dalo todo na final, pero sobre todo desfrutar deste logro !!!

A GRAN FINAL SERÁ ESTE DOMINGO 7/XUÑO ÁS 20:00h NA CASA !!!

Agardámosvoso a tod@s para animar ao equipo !!!

JUNIOR MASCULINO

C.B. CASELAS CONSTRUCCIONES MACEIRAS 51 – 58 C.B. CONDADO

O Junior Masculino do C.B. Caselas rematou a competición 2025-26 cun partido moi igualado no derbi perante os nosos veciños do C.B. Condado.

Termina así unha tempada complicada a nivel de resultados para este equipo, pero na que seguro faralles medrar como persoas e xogadores. Grazas polo voso esforzo e compromiso.

SUPERDOMINGO DE BALONCESTO EN SALCEDA !!!

V CAMPUS DE VERÁN C.B. CASELAS

Todo un xogador de ACB e EUROLIGA estrá con nós no V CAMPUS DE VERÁN o xoves 25 de xuño !!!

Benvido David !!!

ACTIVIDADES FINAL DE TEMPADA NO C.B. CASELAS !!!

Este mes de xuño vén cargadiño de actividades no C.B. Caselas:

Podedes consultar a nosa sección de eventos na web, onde imos actualizando continuamente o calendario de actividades !!!


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.


0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!