Comezamos coa actualidade, crónicas e resultados desta nova tempada 2026 – 27 !!!

SENIOR FEMININO

C.B. BAIONA 47 – C.B. CASELAS LR NATURAL GRANITE 75

Parciais: 14 – 17 / 11 – 23 / 8 – 14 / 14 – 21

Anotadoras: Tamara 23; Alejandra 20; Cris 9; Iria Pérez 4; Elena V. 4; Paula 4; Isabel 4; Yoli 3; Laura 2; Joana 2; Elena T.; Iria P.

O Senior Feminino do C.B. Caselas comeza a competición cun balance de dúas victorias e unha derrota despois de acadar esta pasada fin de semana o segundo triunfo consecutivo na súa visita a Baiona.

O equipo mantén o bloque da tempada pasada xunto ás novas incorporacións.

A desfrutar deste curso !!!

SENIOR MASCULINO

C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 84 – 42 C.B. REDONDELA

Parciais: 18 – 11 / 30 – 7 / 16 – 13 / 20 – 11

Anotadores: Pablo S. 24; Jorge 10; Jose 9; Brais 9; Manu 6; Eloy 5; Álex 5; Rober 4; Héctor 4; Iván 4; Fredi 2; Ares 2.

Victoria para o Senior Masculino no seu debut na casa esta tempada, comezando a liga cun balance de unha victoria e unha derrota.

Este ano temos cambio de adestrador: Joan Teixidó procedente do C.B. Condado faise cargo do noso senior despois de cinco tempadas con Nete ao mando. Moita sorte !!!

JUNIOR FEMININO (DOBLE XORNADA)

C.B. CASELAS MOTHERSON 60 – 42 C.B. NIGRÁN

C.B. CASELAS MOTHERSON 61 – 51 C.B. CONDADO

Xornada con doble alegría para o noso junior femino, que acadou sendos triunfos nos seus encontros do xoves e domingo. Deste xeito teñen un balance de 2 – 2 en victorias e derrotas.

CADETE MASCULINO (DOBLE XORNADA)

C.B. CASELAS BALIDEA 100 – 35 ILLA DE SAN SIMÓN

C.B. REDEIRAS 55 – 66 C.B. CASELAS

O Cadete Masculino comezou a competición oficial xa nos mes de setembro e o balance ata o de agora é de cinco victorias e ningunha derrota, mostrando un gran nivel de xogo. A continuar así!


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.


0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!