Apaixoante xornada a vivida polos nosos equipos esta pasada fin de semana, na que houbo de todo: victorias e derrotas abultadas, partidos duros e ata un encontro decidido nos derradeiros segundos..

SENIOR MASCULINO

blank

RÍAS BAIXAS 82 – 46 C.B.CASELAS

Parciais: 21-10 / 14-12 / 28-14 / 19-10

Anotadores: Xur 16; Alex 10; Héctor; Pablo 4; Eloy 5; Iván 8; Bruno; Rober; Jose 3; André; Fredi.

Xogaba o senior o domingo ás 10:00h, un horario pouco habitual para esta categoría. O partido disputado na pista vermella do pavillón das Travesas de Vigo foi, sen dúbida, o peor dos nosos esta tempada.

En ataque, os de Martín non estiveron mal contra a zona plantexada polo Rías Baixas, pero en defensa non foi o noso día. O encontro non tivo moita historia e dende os primeiros compases o equipo local impuxo o seu xogo e dominou ata o final.

Este mal partido non pode frear as boas sensacións dos encontros anteriores. Hai que continuar adestrando a tope de cara aos próximos compromisos perante Los Sauces San José na casa e contra Porriño, nun derbi rexional que promete emocións fortes.

JUNIOR FEMININO

blank

C.B.CASELAS 40 – 42 CELTA ZORKA RECALVI

Auténtico partidazo o vivido no municipal de Salceda o pasado domingo ás 19:00h, cunha moi boa entrada de público, que se engachou ao encontro dende o primeiro momento e non deixou de animar ás nosas nin un segundo.

Chegaba un dos equipos máis fortes da categoría á nosa casa, e o junior feminino do Caselas saíu a por todas. Tras un gran primeiro periodo tanto ofensiva como defensivamente, as nosas impuxeron o seu ritmo, o que permitíulles manterse por diante no electrónico ao chegar ao descanso.

A segunda parte do encontro prometía, e dende o inicio do terceiro periodo, ambos os dous equipos o deron todo e non defraudaron ao público presente.

Un gran parcial das rapazas do Caselas, baseado nunha defensa moi intensa, xogando con calma e intelixencia en ataque estático e con algunha xogada brillante ao contraataque, o Caselas obtivo unha vantaxe de ata 11 puntos, pero aínda quedaba moita tela que cortar.

Nun cuarto periodo xogado de poder a poder, as visitantes acabaron impoñéndose nos derradeiros segundos do choque, depois de anotar unha tripla para empatar e poñéndose por primeira vez por diante no marcador en todo partido con dous tiros libres. A pesar de todo, o caselas pelexou, literalmente, ata o final. Tras unha loita coa frecha a favor provocada por Antía e cos tempos mortos de Adrián esgotados, tivemos un último tiro para gañar o partido, pero a tripla de Alejandra non entrou.

Hai que recoñecer que foi duro para as rapazas perder este partido, pero o baloncesto é así, un xogo marabilloso no que pasas da euforia á decepción en cuestión de segundos. Soamente pode gañar un equipo, e como ocorrera a tempada pasada (o Celta nos gañou por un punto, 50-51), estivemos a piques.

Toca aprender dos erros cometidos, sobre todo, xogar con máis calma en ataque en determinadas situacións cando estabamos dominando no marcador ou non errar tantos tiros libres nun partido igualado, pero isto non resta nin un ápice o mérito que teñen as nosas junior.

Levamos ata o límite a un gran equipo como é o Celta, cun esforzo e implicación defensiva enorme de todas as xogadoras e con minutos de moi bo baloncesto. De seguro que se seguimos traballando como ata agora este equipo seguirá medrando e iremos a máis. Noraboa chicas!

Este xoves 10 de novembro as nosas xogarán un partido aprazado ás 20:30h no municipal de Salceda perante a outro duro rival como é o C.B.Baiona, antes de recibir de novo na casa ao Colexio Mariano o próximo domingo ás 12:00h. Animádevos a desfrutar do baloncesto feminino en Salceda!

CADETE MASCULINO

APÓSTOL 50 – 66 C.B.CASELAS

Gran partido o xogado polos rapaces dirixidos por Luismi, que cun xogo moi coral, acadaron a victoria nunha pista moi complicada como a do Colexio Apóstol. Noraboa cadetes, a seguir traballando para mellorar!

INFANTIL MASCULINO

C.B.CASELAS 54 – 4 SALESIANOS B

Primeira victoria da tempada para os infas, nun partido xogado o domingo ás 17:00h no que todos os rapaces aportaron o seu gran de area. Sen dúbida, os infas foron grandes teloneiros para o prato forte das 19:00h co junior feminino Caselas – Celta.

PREMINI MASCULINO

NOVOBASKET A 51 – 12 C.B.CASELAS

Por fin comezou a liga premini masculina, cun partido xogado no pavillón universitario do CUVI, que significaba o debut en competición para moitos dos rapaces do equipo. Un grupo cargadiño de ilusión e ganas de divertirse que de seguro irán aprendendo moito ao longo da tempada. O fixeron todos xenial!

A próxima fin de semana xogaremos seis partidos na casa e iniciarán as súas respectivas ligas o mini feminino e o mini masculino.

Como vedes, no C.B.Caselas non temos tempo para o aburrimento!!!