Esta pasada fin de semana houbo dous claros protagonistas en Salceda: a choiva e o baloncesto!

O senior disputaba a segunda xornada de liga no Municipal das Travesas e catro equipos das nosas categorías base debutaban en competición oficial nesta tempada 2022-23.

O Infantil Masculino, despois dunha gran tempada no curso pasado, iniciaba a liga fóra da casa, mentras que o Junior Feminino, o Cadete Masculino e o Infantil Feminino o facían en Salceda.

SENIOR MASCULINO

blank

C.B.RODABALLO 39 – 59 C.B.CASELAS

Parciais: 15 – 18 / 4 – 14 / 8 – 17 / 12 – 10

Anotadores: Aitor 10; Xur 12; Iván 2; Jose 5; Bruno 3; Rober 2; Alex 10; Eloy 4; Pedro 3; Héctor 6; Pablo 2; André.

Xogaba o noso senior perante un clásico do baloncesto vigués como é o Rodaballo, e as boas sensacións acadadas na primeira xornada, non soamente seguiron ahí, senon que aumentaron neste partido, no que o Caselas levou sempre a iniciativa no marcador.

Os de Martín chegaron ao descanso cun resultado favorable de 19 – 32, e sairon no terceiro cuarto deicididos a aumentar a vantaxe e non pasar apuros no derradeiro periodo.

Cun gran ritmo de xogo e con paciencia cando tocaba atacar en estático a defensa en zona 3 -2 que plantexou o rival durante practicamente todo o choque, o Caselas acadou a primeira victoria da tempada. A próxima xornada visita o municipal de Salceda un duro rival: o C.B.Nigrán. De seguro que os nosos adestrarán a tope para competir o partido ao máximo!

Destacar o debut de André e Bruno, dous rapaces da nosa canteira que xogan o seu primeiro ano senior, feito que nos encanta e que buscamos fomentar como clube.

Noraboa e continuar a traballar como ata agora ou mellor!!!

RESULTADOS DA BASE

O partido máis emocionante da xornada foi, sen dúbida, o partido do noso JUNIOR FEMININO

blank

C.B.CASELAS 41 – 38 SEIS DO NADAL “B”

Nunha mañá pasada, literalmente, por auga (o quecemento do noso equipo foi básicamente achicar auga do pavillón e fregar e secar o piso da pista como se puido), as nosas juniors debutaron nun partido no que se deixaron todo na pista, traballando moi ben en defensa (o marcador final o di todo neste sentido) e con moi bos momentos en ataque (algunhas canastras sencillas e varios tiros libres errados evitaron que chegásemos aos 50 puntos).

Ambos equipos puxeron gran intensidade nos dous lados da pista e o partido decidíuse nos derradeiros minutos a favor das nosas. Noraboa rapazas!!!

Tamén debutaron os nosos equipos Infantiles e o Cadete Masculino, cos seguintes resultados:

Infantil Feminino

C.B.CASELAS 59 – 32 APÓSTOL

Infantil Masculino

CÍA DE MARÍA 79 – 43 C.B.CASELAS

Cadete Masculino

C.B.CASELAS 55 – 41 C.B.NIGRÁN

blank
blank
blank

Gañar ou perder non é o máis importante. Esta fin de semana gañamos moitos partidos; haberá días que perderemos todos; outros que gañaremos a metade.

O principal é que @s rapaz@s desfruten sanamente deste marabilloso deporte, divírtanse, aprendan, sexan grandes compañeir@s e compitan ao máximo das súas posibilidades. Se acadamos isto, poderemos estar orgullos@s da nosa canteira!!!

VAMOS CASELAS!!!