O C.B.Caselas Senior Masculino HERMANOS NÚÑEZ está a vivir unha tempada dura e complicada a nivel deportivo neste curso baloncestístico 2021-22.

É así, non se pode negar. Pero tampouco pódese negar a clara implicación por parte do noso adestrador Martín e de parte do plantel para seguir traballando e construindo de cara ao futuro.

Pouco a pouco as cousas van mellorando, e no partido deste pasado sábado 19 de marzo no Municipal os integrantes do equipo e o público presente saíron moi contentos do pavillón.

Gañar ou perder convértese en anecdótico sobre todo cando o que precisa o grupo é ter boas sensacións de xogo e, sobre todo, poder comprobar a actitude e implicación de todos. E abofé que isto foi o que aconteceu.

C.B.CASELAS 46 – 52 APÓSTOL

Parciais: (7-12 ;20-8; 6-16; 13-16)

ANOTADORES: Pedro 9; Iván 8; Alex 7; Pablo Cabaleiro 2; Rober 4; Héctor 8; José 2; Miguel 6

O Caselas deu todo o que tiña dentro, mostrando moi bos momentos de xogo ofensivo e cun compromiso defensivo a destacar.

A pesar das lesións de Pedro e Pablo Cabaleiro no terceiro cuarto (recuperádevos pronto!!!), o equipo loitou ata o final pola victoria.

Non puido ser, pero a actitude mostrada polo grupo é a que desexa o club e a afeción.

A polo seguinte partido tios!

CATEGORÍAS BASE

Junior Masculino

SAUCES 88 – 31 C.B.CASELAS

Infantil Masculino

C.B.TUI 59 33 C.B.CASELAS

blank

Infantil Feminino

C.B.CONDADO 62 – 39 C.B.CASELAS

Mini Masculino

C.B.CASELAS 27 – 53 NOVOBASKET

Premini Masculino

SEIS DO NADAL B 57 – 27 C.B.CASELAS

Premini Feminino

SALESIANOS 28 – 22 C.B.CASELAS

Esta semana temos a axenda repleta de eventos:

MARTES 22/Marzo: Participación no programa BAMBOLEO da TVG (Junior Fem e Masc)

SÁBADO 26/Marzo: Viaxe a Ourense para ver o partido do COB de liga LEB (Todo o clube e afecionad@s)

DOMINGO 27/Marzo: CONCENTRACIÓN BABY en Redondela

SÁBADO e DOMINGO: Partidos de Liga e Copa das distintas categorías do club

ARRIBA CASELAS!