Xa temos a todas as categoría do C.B.Caselas xogando as súas respectivas competicións oficiais, agás o BABY, que todavía agarda pola primeira concentración da tempada.

SENIOR MASCULINO

blank

C.B.CASELAS 45 – 37 LOS SAUCES

Parciais: 4 – 11 / 8 – 5 / 12 – 5 / 21 – 16

Anotadores: Xur 10; Pedro 10; Alex 9; Héctor 6; Eloy 6; Pablo 2; Rober 2; Jose; Fredi; Bruno; André; Jorge.

O primeiro periodo do encontro estivo marcado por un desacerto total en ataque por parte de Caselas, que cunha canastra do noso capitán Rober tras rebote ofensivo a falta de 4 segundos para o final, puxo o punto número catro no marcador para os locais. Non metíamos unha!!!

O segundo cuarto foi un poco mellor, pero ao descanso o electrónico mostraba un paupérrimo 12 – 16 a favor dos visitantes.

Despois do descanso, os nosos mudaron a cara en ataque e os tiros comezaron a entrar, fruto do bo movemento de balón exterior – interior do Caselas.

Ademáis, nos primeiros 4 minutos e medio do terceiro periodo, a defensa dos de Martín provocou que os visitantes non anotaran nin un so punto nese tempo.

O Caselas deixou todo o acerto ofensivo para o derradeiro cuarto, no que liderados por unha racha anotadora de Pedro, que fixo as delicias dos máis nostálxicos do lugar, conseguíu romper o marcador e meter no bolsillo a segunda victoria da tempada. Unha victoria moi traballada. Noraboa!

A fin de semana que vén, visitamos a Porriño no derbi comarcal, con moitas baixas (lesións de Héctor, Iván e Aitor), pero con moitas ganas de seguir competindo como ata agora.

CATEGORÍAS BASE

JUNIOR FEMININO

blank

C.B.CASELAS 45 – 41 COLEXIO MARIANO

Nova victoria na casa para as rapazas dirixidas por Adrián perante un duro rival, que están abonándose aos finais de infarto. Dúas cousas están claras: competimos moito e moi ben, e se asistes de público a un partido do noso junior feminino non te vas a aburrir!

Na próxima xornada visitamos ao lider da competición, o Seis do Nadal Coia. Un bo reto para seguir mellorando e aprendendo nun partido que promete ser moi complicado.

Seguide así rapazas!

MINI FEMININO e MINI MASCULINO

blank

Por fin, tras unha longa espera, debutaban os dous equipos de categoría mini do C.B.Caselas en competición oficial nesta tempada 2022-23!

O facían de maneira simultánea nas pistas transversais do municipal de Salceda, na que foi a primeira de moitas mañás de minibasket que nos agardan neste curso!

Mini Feminino: C.B.CASELAS 3 – 53 COLEXIO APÓSTOL

Mini Masculino: C.B.CASELAS 56 – 14 C.B.CONDADO

blank

CADETE MASCULINO

C.B.CASELAS 37 – 77 C.B. REDONDELA

Partido perante un rival superior físicamente, no que os nosos competiron moi ben na primeira parte. Despois do descanso custou máis, pero queremos felicitar a todos os rapaces pola súa actitude e comportamento nun partido con diversas circunstancias complicadas. A seguir rapaces!

INFANTIL MASCULINO

COLEXIO APÓSTOL 48 – 63 C.B.CASELAS

Bo partido dos infas, no que todos os rapaces aportaron!

INFANTIL FEMININO

C.B.CASELAS 38 – 53 COLEXIO MARIANO

As infas continúan a competir moi ben, nesta ocasión perante un duro rival como o Colexio Mariano.

PREMINI MASCULINO

MIRALBA 44 – 12 C.B.CASELAS

Novo partido dos nosos premini, que o deron todo na pista!

A próxima fin de semana, descansan as categorías infantil e cadete, e o sábado 19 de novembro, a familia do Caselas estará no pavillón de Navia animando ao CELTA ZORKA RECALVI no seu partido da Liga Challenge 2ª División Feminina contra CLARET VALENCIA, no que será a primeira saída que organizaremos a partidos profesionais esta tempada. Próximamente asistiremos ao AMFIV Cadeira de rodas, COB OURENSE liga LEB ORO e OBRADOIRO de ACB.

Isto non para!!!

VAMOS CASELAS!!!