Despois dunha longuísima espera (tras a cancelación da visita para ver o Obradoiro – Joventut aquel maldito fin de semana de marzo de 2020), o Caselas e @s seus afecionad@s, cunha expedición formada por case 70 persoas, tivemos a posibilidade de presenciar de novo un partido de ACB en directo.

E qué partidazo o que se xogou no Multiusos do Sar de Santiago de Compostela!

O Obra realizou un gran partido, mostrando en todo momento un acerto exterior impresionante. O equipo dirixido por Moncho Fernández acabou cunha porcentaxe dun 50% en tiros de tres (14 de 28).

Levado en volandas dende o minuto 1 pola afeción que abarrotaba o pavillón santiagués, cun ambiente espectacular e un ruido ensordecedor (e por qué non dicilo, cun calor abrasador!!!) o Obradoiro aferrouse ao partido ata o final, con posesión a falta de 11 segundos para rematar e cun punto por debaixo no electrónico.

blankblank

A pizarra do técnico santiagués funcionou á perfeción e un mate do pivot lituano Birutis poñía un punto arriba aos locais ante o delirio da grada…pero aínda quedaban 6 segundos e o Real Madrid, cos tempos mortos esgotados, tiña unha última posesión para tentar levarse o partido.

O balón caeu en mans de Sergi Lull, que errou o lanzamento, pero o galego Alberto Abalde anotou un palmeo no derradeiro segundo dándolle a victoria aos visitantes. Supuxo un xarro de auga fría para o Obra, pero o resultado final non borra o gran partido do equipo santiagués, que asegurou a súa permanencia na ACB na seguinte xornada. Ambos os dous conxuntos otorgaron ao público asistente un gran espectáculo deportivo.

blank

@s integrantes das categorías infantil e mini, tiveron o privilexio como xa é tradición, de presenciar o partido a pé de pista e xogar uns partidiños en cada tempo morto e no descanso do partido, desfrutando dunha experiencia única e mostrando as súas habilidades ante o numeroso público presente. Grandes!blankblank

blankblank

blankblank

Moitas grazas ao Obradoiro pola súa xestión e os seu trato, ao Concello de Salceda pola súa axuda para organizar a actividade e a tod@s vós, que facedes que levar a cabo estas iniciativas teña sentido!!!

Xa estamos desexando que chegue a seguinte…que será na próxima tempada!

Agora, toca encarar o final de curso: Liga dos Insectos e Dinosaurios, torneos amistosos, I Campus C.B.Caselas…PERMANECEDE ATENT@S!!!