Nova fin de semana cargadiña de partidos interesantes para os nosos equipos de canastra grande, á espera de que se inicien as distintas competicións oficiais de minibasket!

blank

SENIOR MASCULINO

C.B.CASELAS 40 – 67 C.B.NIGRÁN

Parciais: 12-15 / 9-21 / 11-19 / 8-12

Anotadores: Héctor 8; Pedro 8; Eloy 8; Alex 6; Xur 4; Pablo 4; Iván 1; Aitor 1; Jose; Rober; Bruno; André.

Chegaba ao municipal de Salceda o líder da competición, polo que agardabamos un encontro duro e complicado para o noso senior. E así foi.

Cada erro que cometían os nosos, era castigado polo Nigrán, un equipo repleto de xogadores con moita calidade e experiencia.

Aínda así, os de Martín competiron ben, obrigando aos visitantes a xogar un partido moi serio e esforzarse ao máximo para saír de Salceda coa victoria (os 67 puntos anotados é a cifra máis baixa para o Nigrán no que vai de campaña).

blank
Rebote de ataque do Caselas durante o partido

Como ven sendo a tónica habitual neste inicio de campaña, o Caselas mostrou moito compromiso na pista e unha grande actitude de equipo. Se seguimos por este camiño, faremos unha boa tempada co senior!!!

A próxima fin de semana tocará madrugar o domingo para visitar a outro duro rival: nos agarda o Rías Baixas ás 10:00h no Pavillón do Berbés.

CATEGORÍAS BASE

INFANTIL FEMININO

SEIS DO NADAL COIA 8 – 58 C.B.CASELAS

blank
Infantil Feminino C.B.Caselas 2022-23. Fila arriba, de esquerda a dereita: Julián (Adestrador), Aragonta, Pilar, Eva, Aicha, Suevia. Fila abaixo, de esquerda a dereita: Paola, Lúa, Diana, Valeria, Rocío.

INFANTIL MASCULINO

C.B.CASELAS 36 – 65 SAUCES OBRADOIRO

CADETE MASCULINO

C.B.CONDADO 21 – 60 C.B.CASELAS

A finde que vén, máis e mellor: continúan todas as competicións, debuta o Premini Masculino e retoma á competición o Junior Feminino tras o parón pola ponte!!!

VAMOS CASELAS!!!