Esta pasada semana vivimos uns días moi axetreados no C.B.Caselas, síntoma de que, sempre con sentidiño, imos recuperando moitos proxectos e eventos que eran tradición antes do ano 2020, e que sen dúbida axúdanos a continuar na nosa idea integral de club.

A semana comezaba coa a visita por parte dos equipos Junior Feminino e Masculino do Caselas, xunto con algún familiar e o noso coordinador deportivo Adrián, ao programa Bamboleo da TVG. A nosa xogadora Alba participou na proba de karaoke demostrando que ademáis de ser boa xogadora, canta como os anxos! 🙂

A expedición do Caselas na entrada do PLATÓ 1.000 da TVGblank

O Luar coa Banda dos Insectos, agora o Bamboleo co Junior Feminino e Masculino…

Cal será o próximo????

A Fin de semana presentábase apaixoante, con moitos partidos e dúas actividades moi especiais: a visita a Ourense e a Concentración BABY.

Visita a Ourense:

blank

GRAZAS Familias. GRAZAS Nais e Pais. GRAZAS xogador@s. GRAZAS Adestrador@s. GRAZAS Siareir@s do C.B.CASELAS!!!

blank

112 Persoas. 2 autobuses. Moitas ganas de BALONCESTO. ESTAMOS ABRUMADOS POR ESTA RESPOSTA!!!

blankblank

GRAZAS Concello de Salceda por colaborar con nós para levar a cabo esta iniciativa e recuperar esta visita ao Club Ourense Baloncesto!

blank

GRAZAS ao COB: á súa directiva polo trato recibidio (coma sempre!) e ao equipo polo partidazo con tempo extra incluído que nos ofreceron!

Próxima parada: Obradoiro – Real Madrid ACB !!! Pronto sacaremos toda a info !!!

Concentración BABY:

blankblank

blankblank

blankblank

Trátase da segunda concentración BABY da tempada, tras a organizada por nós en Salceda no pasado mes de xaneiro.

O pasamos xenial xogando cos máis pequech@s do clube. Graciñas ao C.B.Redondela pola invitación!

Estamos desexando que chegue a próxima en Abril.

RESULTADOS PARTIDOS FIN DE SEMANA:

Premini Masculino

Caselas 32 – 11 C.B.Redondela

Mini Masculino

Defensores Morrazo 29 – 60 Caselas

Infantil Masculino

Caselas 48 – 72 C.B.Tui

Caselas 38 – 56 Apóstol Azul

Infantil Feminino

Caselas 33 – 31 C.B.Tui

Caselas 22 – 65 C.Mariano

Junior Masculino

Caselas 18 – 68 Sauces

Senior Masculino

Caselas 34 – 55 Sestelo

Esta fin de máis…ARRIBA CASELAS!!!