Esta pasada fin de semana xogaron todas as categorías do C.B.Caselas excepto o Junior Masculino e o Baby, que descansaron.

Os nosos equipos o deixaron todo na pista, con moito esforzo e ilusión e competindo ao máximo, na derradeira xornada das súas competicións antes do parón das competicións durante Semana Santa.

@s máis pequech@s do Caselas, con permiso dos BABY, xogaron unha nova xornada de liga Premini feminino e masculino no CUVI, e deixaron esta bonita instantánea que representa o futuro do clube! Grandes!!!

blank

Premini Feminino

Caselas 19 – 20 Salesianos B

Premini Masculino

Caselas 44 – 13 Seis do Nadal Mixto

O Junior Feminino xogou un bo partido na sempre difícil pista do Seis do Nadal.

Nesta primeira xornada da copa, o Caselas presentábase con baixas importantes no xogo interior (Saray, Senbete e Antía, recuperádevos pronto!), pero lonxe de lamentarse, as rapazas do junior fixeron un gran traballo de equipo e competiron o partido en todo momento ante un equipo con moita altura e o partido foi moi intenso e divertido de ver.

O marcador estivo moi igualado en todo momento, pero o carrusel de tiros libres no derradeiro minuto deixou un marcador de 53 – 42 para as locais.

Noraboa a todas polo traballo!

blank

Os demáis resultados da fin de semana foron:

Senior Masculino

Sestelo 64 – 38 Caselas

Mini Masculino

CBR 48 – 29 Caselas

Infantil Feminino

PBB B 26 – 29 Caselas

Infantil Masculino

Apóstol 66 – 39 Caselas

Estes días anunciamos unha nova que nos fai especial ilusión: nesta tempada do 30 aniversario, celebraremos o 1º CAMPUS DE VERÁN DO C.B.CASELAS, do 23 ao 26 de xuño de 2022 no pavillón Municipal de Salceda de Caselas.

Estamos ultimando os detalles e pronto sacaremos toda a información e abriremos o proceso de inscripcións!

Trátase dun proxecto que levamos moito tempo cociñando e chegou o momento de levalo a cabo.

ARRIBA CASELAS!!!