Xuño do ano 1995. Un xoven e nobel equipo Senior do C.B. Caselas viaxaba a bella localidade lusa de Caminha a xogar o Trofeo daquela vila.
As relacións entre os dous clubes comezaron un ano antes -no verán de 1994- onde os portugueses foron invitados por nós ao II Trofeo Festas do Cristo de Salceda a partido único xogado na cancha ao aire libre do Colexio Altamira (victoria do Caselas por 62-43).
Voltando a aquel viaxe a Caminha, dicir que o modesto plantel de xogadores (entre os que tiven a sorte de estar eu) partiamos a primeira hora da tarde en coches particulares con moita ilusión e gañas, ante todo de divertirnos. E ben que o pasamos!
O resultado final foi de Caminha 78 Caselas 92. Baloncesto ofensivo total, moitas canastas, pouca defensa e espectáculo. O Caselas cun plantel de 10 xogadores: 9 deles do pobo (a saber: Rubén, Franki, Miguel, Chapero, Angel, Berto, Cañi, Luis Manuel e servidor) e o reforzo “extranxeiro” de Víctor Cid, un pivot de Vigo de 1,97m que nos axudaba moito no xogo interior.
Actual entrenador, ex-xogador e ex-presidente do CB.Caselas.