Por segunda tempada consecutiva, o noso grupo infantil masculino xogará o playoff polo título. Mentras o ano pasado foi en formato de liguilla, nesta ocasión xogará unha semifinal a ida e volta contra o Basketgal Obradoiro, nuns partidos que prometen ser vibrantes!
Noraboa a todos os rapaces e corpo técnico polo gran traballo realizado durante esta tempada e tamén nos anos anteriores. Estamos tremendamente orgullos@s da nosa canteira e neste caso deste grupo composto por moitos xogadores que levan dende categoría baby no C.B.Caselas.
Este grupo vivíu de todo:

O equipo comezou a súa andaura no baloncesto na tempada 2015-16 cun grupo mixto formado por rapaz@s de categoría baby e premini.
Competiron na liga de premini masculino e non gañaron ningún partido. Iso sí, cada partido desa tempada era unha festa!

Na 16-17 o equipo continuou a competir en categoría premini, aínda que moit@s eran babys de segundo ano. O grupo afianzouse e competíu a tope, chegando a gañar o seu primeiro partido. Imaxinádevos esas cariñas de felicidade…sobre todo as dos pais e as nais 🙂
Tras esta tempada o adestrador Martín Kuperberg Iglesias “Kuper”, deixou de adestrar a este grupo. Moitas grazas polo teu traballo con estes rapaz@s nestes dous anos. Foi fundamental para construir o que son agora!

Na 17-18 continuaron coa súa progresión adestrad@s por Claudia. A pesares de que non puido rematar a tempada por motivos laborais, deixou un gran recordo n@s rapaz@s e no clube.

O tempo pasa e na tempada 2018-19, a de segundo ano de premini, foi todo xenial.
O equipo xogaba e divertíase mentras @s rapaz@s melloraban moito, case sen darse de conta. Comezaban a gañar moitos partidos, pero el@s estaban a outra cousa: a xogar ao seu deporte favorito!
O feito de tardar un ano e medio en gañar o seu primeiro partido axudou claramente na súa aprendizaxe á hora de asumir o resultado dos partidos e a “tiranía” do marcador establecida nas primeiras etapas formativas. Dende pequenos enfocáronse no realmente importante do que significa practicar un deporte de equipo. Esforzarse, divertirse e ser bo compañeir@. E ademáis, competir ao máximo das súas posibilidades sabendo que ás veces se gaña e ás veces pérdese.

Nesta ocasión tocounos gañar. O equipo perdeu soamente un partido en tempada regular e nunha preciosa fase final a 6 partidos perante Defensores do Morrazo, Porrriño Baloncesto Base e García Barbón, o Caselas acabou invicto, proclamándose campión da Liga Premini da Delegación Viguesa de Baloncesto.

Campións de Liga 2018-19 C.B.Caselas Senior e Premini. Qué grandes lembranzas !!!

Campións Torneo Vila de Noia, xaneiro de 2019

Cando levaban unha tempada e media en categoría mini, chegou a Pandemia que paralizouno todo. É incrible a capacidade que teñen @s rapaz@s para tirar cara adiante e afrontar unha situación como a que vivimos e sair airosos. O parón foi un golpe duro no ámbito do deporte da mocidade. Trátase de algo moi importante na formación e o desenvolvemento persoal dos rapaz@s e tamén para a socialicación.
Na tempada 2021-22 retornou a competición federeda. Iso sí, con máscara. Unha dificultade da que @s rapaz@s conseguiron abstraerse unha vez máis. Foi un curso no que custou coller o ritmo, pero nese primeiro adestramento de setembro, a actitude e amor polo baloncesto que mostraban antes do parón seguía intacta ou incluso aumentaba.
Un equipo formado por xogadores de primeiro e segundo ano, clasificouse para a fase polo título enfrentándose aos equipos do C.B.Tui, Basketgal Obradoiro e Colexio Apóstol. Non conseguimos ningunha victoria pero o equipo competíu ao máximo en todos os partidos, vivindo unha gran experiencia.
Tras catro anos como adestrador do equipo, o noso coordinador Adrián pecha unha preciosa etapa con este grupo.

… e chegamos a esta tempada 2022-23. Cómo pasa o tempo!!!
Na actualidade, o equipo está formado por:
1 – Teo 2 – Cibrán 3 – Roque 4 – Hugo 7 – Marcos 8 – Marco 9 – Aarón 10 – Izan 11 – Joel 12 – Mario 13 – Alex 15 – Jose 18 – Xián 20 – Xabi
Adestrador: Julián Bravo Paramos
Está a ser unha tempada apixoante co infantil masculino.
Estamos encantad@s con todos os xogadores e corpo técnico e agradecemos a todas as persoas que dalgunha maneira formáchedes e formades parte deste gran grupo: xogadores e xogadoras actuais; @s xogador@s que xa non está no clube; ao grupo cadete que adestra todos os luns e xoves con eles; ás familias pola vosa colaboración, entusiasmo e axuda constante para poder levar a cabo todo o que facemos. Tamén ao concello e ás EDM.
Animávosvos a tod@s a acudir ao pavillón municipal de Salceda este próximo domingo 12 de marzo ás 17:00h, onde xogaremos o partido de ida da semifinal de liga perante o Basketgal Obradoiro. Obxectivo: desfrutar e esforzarse ao máximo. E o que teña que ser será.
ARRIBA CASELAS !!!!!!
-
Faite soci@15,00€