Esta semana os nosos xogadores do Senior Darrell e Kentre voaron de volta aos Estados Unidos, rematando desta maneira a súa andadura no C.B.Caselas.

Culmina así unha experiencia totalmente novedosa e enriquecedora para tod@s @s que formamos esta pequena e cada vez máis grande (e internacional) familia do baloncesto salcedense.

Foron case seis meses os que pasaron estes dous xogadores procedentes de California e Texas no noso pobo, logo de viaxar maís de 5.000 km dende o seu país de orixe.

Chegaron aquí de maneira casual, xa que o seu destino inicial era Portugal, pero diversas circunstancias e situacións fixeron que acabaran no noso senior masculino.

A súa chegada supuxo un gran cambio na dinámica do clube en xeral e do Senior Masculino Hermanos Núñez en particular: cada luns e xoves a partires das 21:00h non estaba claro se nos atopabamos no C.B.Caselas ou na NBA, xa que o inglés comezou a dominar e apoderarse das nosas conversas e maneira de comunicarnos entre tod@s.

Neste sentido, tanto xogador@s como corpo técnico aproveitamos esta oportunidade para practicar a reo o idioma anglosaxón, tan importante na actualidade e específicamente no mundo do baloncesto. Tamén practicouse bastante o “espanglis”, por qué non dicilo 🙂 🙂 🙂

A súa situación non era sinxela, chegando a un lugar onde non coñecían a ninguén e sen falar o noso idioma, pero Kentre e Darrell tamén fixeron os seus progresos co castelán e galego integrándose plenamente na dinámica do clube, visitando e compartindo adestramentos coa nosa canteira e sempre dispostos a charlar con eles cun sorriso na cara.

Tamén visitaron o IES Pedrasrubias e o C.E.P. Altamira, compartindo experiencias con varias clases, conversando en inglés c@s rapaz@s, xogando un pouco ao basket e incluso participando na radio escolar.

En canto á súa aportación no senior masculino, axudaron de maneira fundamental ao equipo tanto nos partidos como na clara subida de nivel dos seus compañeiros á hora de adestrar. Os últimos meses de tempada foron gratificantes e productivos, con adestramentos moi intensos e sempre contando cun bo número de xogadores.

Non puidemos coronar este gran traballo de todos co título de copa, pero estamos moi orgullos@s do esforzo realizado tanto por Darrell e Kentre como polos demáis xogadores do senior así como o coach Martín, como eles lle chamaban.

AGRADECEMENTOS

Non podemos rematar este resumo da aventura americana do C.B.Caselas sen agradecer encarecidamente unha a unha a todas as institucións, asociacións, establecementos e particulares que axudaron de maneira importantísima e desinteresada para acoller a Darrell e Kentre e facer que a súa estancia en Salceda de seguro que será inolvidable para eles:

Grazas por todo ao equipo de goberno do Concello de Salceda de Caselas e á Corporación Municipal por tendernos a man dende o primeiro momento; tamén á asociación SAPIX, sempre disposta a axudar en todo o que lle pedimos; moitísimas grazas ao Braseiro de Lucho e ao Comedor Clarexa polas súas contínuas aportacións; por suposto agradecer tamén á parroquia de Parderrubias e ao seu párroco Don Emilio por todas as colectas realizadas nestes meses; á Asociación de Veciños Agrícola e Cultural San Tomé de Parderrubias pola súa colaboración; tamén aos familiares dos compoñentes da directiva que axudaron constantemente ao clube; por último, grazas ao pobo de Salceda pola súa solidaridade e acollida de Darrel e Kentre.

A situación non era sinxela e entre tod@s a sacamos adiante !!!

Esta aventura chegou ao seu fin e quedará sempre na lembranza da familia do Caselas, da que estes dous rapaces que chegaron de casualidade ao noso pobo, xa formarán parate dela para sempre.

Ogallá neste mundo tolo no que vivimos, a unión das persoas de diferentes países, razas ou relixións triunfen algún día por enriba das fronteiras e conflictos que so traen miseria.

GOOD LUCK GUYS !

MAYBE WE WILL SEE YOU AGAIN!!!


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.


0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!

Abrir chat
Ola 👋
En que podemos axudarche?