O Infantil Masculino C.B. Caselas Electricidade Condado acadou unha brillante clasificación para as semifinais da copa premium tras derrotar na casa dunha maneira abultada ao Baloncesto Miralba.

C.B. CASELAS ELECTRICIDADE CONDADO 60 – 10 CLUB DEPORTIVO MIRALBA

O equipo rematou desta maneira invicto a primeira fase copeira e xogará a FINAL FOUR desputando este DOMINGO 31/MAIO a semifinal a un partido perante o Salesianos C na nosa casa.

Será ás 12:00h. Agardámosvos a tod@s para animar o equipo neste gran día.

Mención especial para o equipo infantil feminino que adestra conxuntamente co masculino todos os días. Este éxito tamén é voso rapazas.

Agora soamente tedes que desfrutar da experiencia !!!

INFANTIL FEMININO

C.B. NIGRÁN 55 – 18 C.B. CASELAS EAM

O Infantil Feminino EAM rematou a competición oficial cunha derrota en Nigrán.

Bo traballo rapazas, a continuar mellorando e desfrutando do basket !!!

SENIOR MASCULINO

PBB C 51 – 71 C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ

Parciais: 12 – 19 / 15 – 8 / 17 – 19 / 7 – 25

Anotadores: Jano 21; Pablo S. 19; Eloy 8; Iván 7; Xur 6; Pablo C. 4, Rober 3; Girma 2; Héctor 1; Fredi; Jose; Manu G.

Tirunfo importantísimo do noso Senior Masculino Hermanos Núñez que permite ao equipo depender de sí mesmo para meterse na FINAL FOUR da COPA.

Nun partido duro sobre todo na primeira metade na visita á pista do PBB, o equipo de Martín levouse unha merecida victoria no derbi.

Agora tocará selar o pase ás semifinais o DOMINGO 7/Xuño na casa noutro gran derbi perante o C.B. Condado, un encontro que promete emocións fortes.

A preparar ben este partido !!!

JUNIOR MASCULINO

C.B. APÓSTOL 89 – 63 C.B. CASELAS CONSTRUCCIONES MACEIRAS

Derrota do junior masculino na visita ao Apóstol vigués, nun partido con boas sensacións en ataque pero que non foron correspondidas a nivel defensivo.

REMATE DA COMPETICIÓN OFICIAL MINIBASKET 2025-26

MINI FEMININO

C.B. CASELAS A XANELA 47 – 25 C.B. APÓSTOL

NS ESPERANZA 24 – 59 C.B. CASELAS A XANELA

O noso mini feminino rematou a tempada oficial cunha doble xornada na que as rapazas do Caselas xogaron a moi bo nivel o que permitú sumar dúas victorias consecutivas neste final de liga.

Gran traballo de todas as rapazas durante este curso, formando un grupo moi unido e mellorando tanto a nivel individual como colectivo. Grandes !!!

MINI MASCULINO

NOVOBASKET 52 – 39 C.B. CASELAS NOREXCA

O Mini Masculino remataou a competición oficial 25-26 cun encontro moi competido perante o equipo do Novobasket. Bo esforzo rapaces !!!

PREMINI

APÓSTOL 2 – 52 C.B. CASELAS ALVANOR

Os rapaces do premini acadaron un claro triunfo na derradeira xornada de copa na pista do Colexio Apóstol, rematando desta maneira cun sorriso o curso.

No que foi a primeiro ano nesta categoría para moitos rapaces, o equipo progresou moito durante toda a tempada e desfrutou a reo do baloncesto! Grandes !!!

V CAMPUS C.B. CASELAS

ESTE XOVES 28 DE MAIO PRODUCIRASE A ESTREA MUNDIAL DO VIDEO SPOT DO NOSO V CAMPUS DE VERÁN DO C.B. CASELAS !!!

Como xa é tradición, está protagonizado por rapaces e rapazas do noso clube e este ano temos unha colaboración especial. Quén serán os protagonistas???

O Xoves ás 19:30h o estreamos na pantalla grande do marcador do pavillón de Salceda nos adestramentos e acto seguido o publicaremos nas nosas redes sociais e web !!!

Permanecede atent@s!!!


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.


0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!