Un millón de gracias a todos pola vosa colabaración hoxe. Pasamos unha mañá bomba e xuntamos un feixe de alimentos que doaremos o Programa de Alimentos do Concello. Feliz navidad a tod@s.
Novas
Onte tocaba adestramento coma cada luns. Acompañounos o nos base Xur, a pesar de non poder adestrar tras un lance no último partido que causo unha brecha na fronte. Unidos e facendo piña, nas duras e nas maduras.
No C.B. CASELAS sabemos que tedes o ritmo metido dentro do corpo e que estades desexando demostralo?. Dende o clube pedimosvos axuda para facer un video ? musical ?? navideño co obxectivo fundamental de pasalo ben e que a familia do Caselas siga crecendo. É moi sinxelo… Bótadelle unha ollada o videoclip de PASANDO A…
Ada Hegerberg, del Lyon, foi onte a primeira xogadora en ser proclamada mellor futbolista do mundo o recibir o balón de ouro. Noraboa a Ada e a todas as mulleres, non era sen tempo.
Xa temos aquí o venres e con el chegan o merecido descanso semanal e o tempo para a familia. E falando de familia aquí deixamos duas fotos de familia que evidencian a evolución do noso clube na última década.
Os bechos deste pequeno proxecto están chegando moi lonxe! Onte o programa Elegidos de Movistar Plus, de emisión nacional, tamén adicou uns segundos a falar sobre o Club Baloncesto Caselas, Adrián e A Banda Dos Insectos. #cbcaselas #PresumedeClub #SentirSalceda
Hoxe no suplemento El comarcal de La Voz de Galicia falan sobre os nosos insectos e a súa aventura musical. #cbcaselas #PresumedeClub #SentirSalceda
Este fin de semana os nosos xogadores máis pequechos celebraron a súa primeira concentración desta tempada. Os seus primeiros partidos, vestindo o seu novo equipaxe, deixando neles e en nos unha impronta inesquecible. En nos, porque as nais e pais tamén o pasaron xenial. Dende o Club, directiva e adestradores, non podemos estar máis orgullosos…
O pasado venres na I Gala do Deporte de Salceda o Club Baloncesto Caselas recibio unha mención especial polo traballo dedicado o baloncesto na vila dende a súa fundación no ano 1.990.