SENIOR MASCULINO

C.B.CASELAS 55 – 71 PBB C

Parciais: 21 – 14 / 12 – 12 / 12 – 13 / 10 – 32

Anotadores: Xur 13; Maki 13; Pablo 8; Eloy 6; Fredi 4; Jorge 3; Pedro 3; Aitor 3; Rober 2; Jose; Iván; Héctor.

O C.B.Caselas xogou este pasado sábado ante o Porriño Baloncesto Base C o derradeiro partido da liga regular de 3ª División Senior Masculina.

O rendemento do equipo foi notable nos tres primeiros cuartos, chegando ao derradeiro periodo cun resultado de 45 a 39 a favor.

O gran xogo en ataque mostrado polos locais, durou ata que aguantou a gasoliña. Nos dez minutos finais, o cansancio do Caselas contrastou co acerto (32 puntos anotados) e o gran ritmo mostrado polos de Porriño, cunha defensa moi intensa e agresiva, decantaron o resultado final a favor dos visitantes.

Os de Martín rematan así esta primeira fase no 4º posto da clasificación , cun balance de 3 victorias e 9 derrotas , anotando 48,4 puntos por partido e recibindo 58,6.

Máis aló dos números e dos resultados, o obxectivo principal desta primeira parte da tempada era recuperar a boa dinámica que debe ter un senior nun clube coma o noso, despois dunha dura tempada anterior, na que o grupo non funcionou como esparabamos. Neste aspecto estamos moi content@s co noso equipo senior, que debe servir como exemplo para os nosos equipos da base.

De cara á segunda parte da tempada, temos que aproveitar este primeiro e importante paso adiante, non relaxarse e ir a por máis. Se o grupo ten regularidade e intensidade adestrando, estamos segur@s de que continuaremos medrando e sentando as bases para o futuro.

A competición Senior Masculina reanudarase despois do Entroido!!!

CATEGORÍAS BASE

Todos os equipos que xogaron (Baby, Mini Feminino e Junior Feminino descansaron), competiron a tope os seus partidos, cos seguintes marcadores:

CADETE MASCULINO

blank

C.B.REDONDELA 48 – 41 C.B.CASELAS

INFANTIL MASCULINO

blank

C.B.CASELAS 68 – 31 APÓSTOL

INFANTIL FEMININO

blank

C.B.CASELAS 41 – 55 MIRALBA MORADO

MINI MASCULINO

blank

SALESIANOS B 35 – 40 C.B.CASELAS

PREMINI MASCULINO

blank

C.B.CASELAS 32 – 35 CÍA DE MARÍA

A fin de semana que ven, máis!