O noso primeiro encontro sucedeu alá polo mes de xuño de 2013.

Recén chegado ao Caselas, mantiven unha reunión inicial coa directiva de aquel entón para coñecelos e presentarme.

Co paso dos anos, desa reunión soamente me lembro de tres cousas: por un lado, o tremendo calor que facía ese día; por outro, o longa que foi esa reunión; por último, lémbrome da conexión que sentín dende ese primeiro momento con Manolo Sanfer. Sen saber moi ben por qué, sentín que levaríame moi ben con él. Esta conexión foi toda mérito de Manolo, que dende que nos presentaron, acolleume como un máis da familia do Caselas.

Manolo era unha persoa que falaba con franqueza e con cercanía. E sempre que daba a súa opinión, facía que os demáis lle deramos unha volta aos nosos pensamentos, fora sobre o tema que fora.

Xa me din de conta dende as nosas primeiras conversacións de que Manolo, sempre dende a amabilidade e o respeto polas opinións dos demáis, non daba puntada sen fío. Él non falaba en balde. E vaia se falaba.

Se a miña primeira reunión coa directiva do Caselas pareceume longa (feito que supoñía que debíase a que era unha reunión de benvida), non tiña nin idea do que se aveciñaba.

Coas sucesivas reunións, dinme de conta que isto sería unha constante. Que o Caselas estaba formado por persoas que realmente se interesaban polo bo funcionamento do clube, que Manolo Sanfer capitaneaba esta dinámica e que, cando había reunión, se eu pretendía facer plans ou quedar para cear con alguén a unha hora decente, o tería jodido. Había hora de inicio pero ninguén sabía a qué hora terminaría.

Poñamos un exemplo:

Unha vez mantivemos unha destas xuntanzas, e despois de varias horas, ao rematar, eu me fun a cear. Cando arranquei o coche e pasei por diante da entrada do pavillón, alí seguían Manolo, Luis, Miro e Manolo Sanfer continuando a tertulia. E parecía que tiñan para un bo rato.

Fun cear e, pasadas un par de horas, voltei ao pavillón a recoller unhas cousas na oficina e para a miña sorpresa (ou non tanto), alí seguiàn Luis e Manolo Sanfer conversando sobre sabe deus que tema, con todavía máis paixon e enerxía que cando comezamos a falar facía unhas 5 horas!!!

Así era él. Unha persoa á que lle gustaba conversar e cambiar as cousas empregando como vehículo a palabra e aprender dos demáis cando,en realidade, era él o que sen darse de conta daba continuas leccións de vida aos que o rodeaban. Este é un dos aspectos que caracterizaban a Manolo, a humildade.

Nesa primeira tempada, en ocasións eu saía destas reunións entre a resignación e a incomprensión sobre se era realmente necesario tanto diálogo e darlle tantas voltas ás cousas para o bo funcionamento dun clube.

Sen embargo, poño outro exemplo: o outro día sorpendinme a mín mesmo mantendo unha reunión cun adestrador do Caselas que esperaba que durara unha hora coma moito, e cando mirei o reloxo, levabamos xa dúas horas e media. E lembreime de Manolo e desas charlas interminables. Cómo se botan de menos agora.

Outro dos aspectos que máis recordo de Manolo é o seu humor irónico e fino. Podía tomarche o pelo mentres mantiña o semblante máis serio que poderías imaxinar.

Tamén quero revelar cómo chamábamos a Manolo entre o corpo técnico do Caselas: O Mentalista.

Él era un auténtico mentalista. Sempre ía un paso por diante e entendía moitas situacións cando os demáis non podiamos.

Para ir rematando, tamén quero dicir que me marcou o seu cariño e preocupación polos rapaces e rapazas da canteira, máis aló do baloncesto. Ás veces sorprendíame con preguntas do tipo:

¿Cómo vai David Groba nos estudios? ¿Laura Rodríguez xa come salmón?

Ademáis de mentalista, era tamén un humanista.

A derradeira vez que conversamos antes da súa morte foi tamén un día do mes de xuño. Tamén foi un dia extremadamente caluroso. Lémbrome como si fose onte: como cada ano dende que comezamos a celebrar os concertos de A Banda dos Insectos nos finais de tempada, Manolo axudábame a transportar a batería e os amplis na súa furgoneta.

Ese traxecto de quince minutos valía por tres horas de conversa.

Cómo voto de menos eses quince minutos.

Mentres preparaba este escrito durante a pasada semana, tanto o meu pai como a miña noiva me comentaron o mesmo: estiven con él dez minutos na miña vida, e, por un lado caéume xenial e, por outro, tiven a sensación de que o coñecía de antes. Esta era unha sensación que Manolo xeraba na xente.

A día de hoxe, cando me enfrento a situacións difíciles tanto dentro como fora do clube penso:

¿Qué pensaría Manolo disto?

A dor que sentimos pola súa perda tod@s os que o coñecimos e, sobre todo, de Mari, Silvia e María, non se poderá borrar xamáis, pero podedes sentiros tremendamente orgullosas da labor e o legado que o voso marido, compañeiro, pai e amigo deixou no Club Baloncesto Caselas.

A semente que Manolo Sanfer prantou aquí xamáis morirá e sempre estará presente en todos os rapaces e rapazas que forman esta gran familia.

Vai por tí Manolo!

Adrián Salgado Fernández

Coordinador Deportivo C.B.Caselas

blank