SENIOR FEMININO

C.B. CASELAS LR NATURAL GRANITE 45 – 68 COLEXIO MARIANO

Parciais: 18 – 18 / 9 – 10 / 9 – 20 / 9-20

Anotadoras: Tamara 13; Cris 12; Alejandra 7; Iria 5; Elena 5; Susi 3; Joana; Elena T; Alba G.

Bo partido o realizado polo noso senior feminino ante un dos rivais máis complicados da competición nesta primeira xornada de copa.

As de Joseba competiron moi ben ante un equipo superior físicamente e estiveron por diante no marcador xusto ata o ecuador do terceiro periodo onde as forzas comezaron a flaquear.

As viguesas aproveitaron a súa gran altura para facernos dano no poste baixo. Prácticamente todas as xogadoras buscaban esa vantaxe en ataque.

O Caselas o deu todo e o público presente saíu encantado co esforzo das nosas.

Agora a polo seguinte na pista do Apóstol!

CADETE MASCULINO

SJ DE CLUNY 47 – 57 C.B. CASELAS CONSTRUCCIONES MACEIRAS

Gran primeiro encontro de copa do Cadete Masculino Construcciones na pista do SJ de Cluny, levándose unha merecida victoria coral na que todos aportaron.

Aproveitaremos este torneo copeiro de cadete masculino para que os rapaces infantiles de segundo ano comecen a transición a esta categoría na que participarán no vindeiro curso.

Curiosamente, os dous cadetes quedaron encadrados no mesmo grupo, polo que haberá un partido oficial entre equipos do Caselas por primeira vez dende a tempada 2017-18.

De seguro que ese día gañaremos o encontro 🙂

CADETE FEMININO

C.B. CASELAS NOREXCA 31 – 46 SALESIANOS B

Partido duro para o noso cadete feminino na visita do Salesianos Vigo B ao pavillón de Salceda.

As nosas o intentaron, mais non tivemos o día de cara ao aro (tanto en tiros de campo como en tiros libres), o que sumado aos erros no rebote defensivo e imprecisións nos pases provocaron esta derrota.

Aínda así, o noso cadete feminino sempre da o máximo.

A polo seguinte!

PREMINI MIXTO

C.B. CASELAS 28 – 62 C.B. TUI

Bo esforzo do noso premini que xogou na casa por segunda vez en toda a tempada.

A continuar desfrutando e aprendendo!

CONCENTRACIÓN BABY

Unha vez máis, e xa van tres este curso, o C.B. Caselas organizou unha nova CONCENTRACIÓN BABY na que @s rapaz@s o deron todo e desfrutaron do lindo xunto coas súas familias que abarrotaron as gradas do noso pavillón.

Grazas aos clubes participantes: C.B. Condado, C.B. Redondela, PBB, C.B. Tui, Apóstol, Seis do Nadal e Celta Baloncesto polo seu bo facer e comportamento.

Noraboa ao gañador do sorteo do C.B. Caselas; esta familia xa obtivo o premio na pasada concentración. Igual tedes que pensar seriamente en xogar á lotería 🙂

Estas concentracións son froito do gran esforzo dos clubes que as organizan (non todos teñen as instalacións precisas coma o noso) e dos equipos participantes.

Unha tempada máis botamos en falta a participación e axuda (a que sexa) por parte da Federación.

É unha mágoa que non se involucre nestes eventos que son a base para o futuro do noso baloncesto.

Nós continuaremos a organizalas con gusto e ilusión independentemente das circunstancias.

P.D.

ÁNIMO JUAN !!!

O noso tesoreiro Juan pasou polo taller esta semana.

De seguro que despois da reparación voltará a tope.

Apertas !!!


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.


0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!