Un senior masculino repleto de baixas por lesión (Eloy, Pedro, Xur, Jorge e Aitor), recibía no municipal de Salceda ao primeiro clasificado da competición, o Rías Baixas vigués.

C.B.CASELAS 42 – 75 RÍAS BAIXAS

Parciais: 14 – 17 / 12 – 19 / 8 – 17 / 8 – 22

Anotadores: Pablo 9; Héctor 8; Maki 7; Rober 6; Fredi 6; André 2; Iván 2; Jose 2; Alex.

Os de Martín, lonxe de virse abaixo, competirón ben durante todo o partido. En especial na primeira parte do choque, na que mostraron unha gran actitude defensiva, capitaneada polo canteirán André, que fixo un gran traballo neste aspecto. Ofensivamente, os nosos xogaron un baloncesto de equipo, compartindo moi ben o balón.

Na segunda metade, o C.B.Caselas notou o cansancio e as baixas e os visitantes escapáronse no electrónico.

Aínda que o resultado final foi abultado, estamos moi contentos coa imaxe e a actitude mostrada polo equipo durante todo o partido. Os 9 xogadores presentes deixáronse a pel na pista e competiron en todo momento ao máximo das súas posibilidades perante o rival máis duro da liga.

Durante o descanso do senior celebramos o GRAN SORTEO DO BALONCESTO CASELAS, cos seguintes resultados:

3º PREMIO: Cesta de Nadal (cortesía C.B.Caselas)

Nº PREMIADO: 1149

2º PREMIO: Cena para dúas persoas (Cortesía Eido da Regueira)

Nº PREMIADO: 0751

1º PREMIO: Televisión 55 ” (Colaboración con Sanfer)

Nº PREMIADO 1481

Os números premiados exporanse nas redes sociais e na páxina web do clube e haberá un mes para reclamar os premios aportando as rifas gañadoras.

CATEGORÍAS BASE

CADETE MASCULINO

blank

C.B.CASELAS 36 – 34 C.B.ELÉCTRICA SESTELO

INFANTIL MASCULINA

blank

BASKETGAL SAUCES OBRADOIRO 69 – 51 C.B.CASELAS

INFANTIL FEMININO

blank

DEFENSORES MORRAZO 58 – 28 C.B.CASELAS

MINI FEMININO

blank

C.B.CASELAS 6 – 57 C.B.REDONDELA

MINI MASCULINO

blank

C.B.REDONDELA 31 – 48 C.B.CASELAS

PREMINI MASCULINO

blank

C.B.CASELAS 52 – 2 C.B.REDONDELA

Xa está aberto o formulario de inscrición para a viaxe a Ourense para ver o partido COB OURENSE BALONCESTO frente a BASKET CORUÑA da LIGA LEB o próximo 18 de febreiro.

Anótate facilmente neste enlace: https://forms.gle/d3ueXDv1rL7rdrGT9

Animádevos !!!