Crónicas
14ªX.SENIOR: CASELAS 59 SEIS DO NADAL 57
Hai encontros que engrandecen este deporte, que fan que os xogadores desfruten e o público repita; e este foi un deses.
Caselas e Seis do Nadal Coia -segundo contra primeiro- e que chegaban igualados á derradeira xornada desta Liga Regular, precisaron dunha prórroga para dilucir o partido e o campión desta primeira fase de competición.