CB.CASELAS (57): Jano 19, Darío 22, Fredi, Julián 12 e Rober. QUINTETO. Nico 2, Héctor 2 e Rubén.
Parciais: 18-16 / 13-15 / 19-14 / 12-12.
Incidencias: Escaso público na tarde noite de domingo no Colexio Marcote de Vigo.

Partido igualadísimo entre o Vigo 90´S e o CB.Caselas. Por primeira vez esta tempada, os de Adrián Salgado xogaron perante un rival basado no xogo exterior. Eles contaban con dous pivots grandes, pero a altura media era parecida á nosa.

O Caselas tivo catro importantes baixas e aínda así, competiu ao 100% e tivo momentos brillantes de defensa e xogo rápido ao contraataque que tanto nos gusta.

O marcador foi igualado en todo momento e decidiuse nos instantes finais, nos que os vigueses estiveron máis atinados.

Nada que reprochar aos nosos, que o intentaron ata o final.

Despois de catro xornadas, as sensacións son boas, xa que obxectivo de competir todos os partidos o estamos logrando. Pero non hai que conformarse e imos a por máis, comezando por recuperar pouco a pouco aos lesionados.

Arriba Caselas !!!

CATEGORÍAS BASE:

blank

Cadete Masc: CASELAS 59 CONDADO 27
Cadete Fem: CASELAS 29 R.C.CELTA 104
Infantil Masc: NIGRÁN 38 CASELAS 48