CB.CASELAS (57): Jano 9, Jose 2, Darío 17, Julián 3, David Ledo 8. QUINTETO. Xur 12, Rober 1, Héctor 2, Fredi 3 e Nico.
Parciais: 7-27 / 11-13 / 17-17 / 22-13.

Incidencias: Frouxa entrada no Pavillón de Salceda con algo menos de medio centenar de afecionados.

Nesta liga tan dura e competitiva, non se pode gañar un encontro cando ao remate do primeiro cuarto se perde 7-27. E isto sucedeulle aos xogadores de Adrián Salgado. Saíron moi desconcentrados, con falta total de actitude defensiva, deixando xogar as súas anchas a un Vigo 90´S con oficio.

En ataque, non podiamos correr e tivemos pouca paciencia contra a defensa zonal dos olívicos. Os lanzamentos exteriores non entraban e pese a melloría xeral, a diferenza se mantiña no electrónico.

Pero o Caselas é un equipo que nunca baixa os brazos e nunca se rende sexa cal sexa o resultado. Así, os de Adrián xogaron unha segunda metade moi decente, con mellor defensa, velocidade e acerto, demostrando que ten aínda moito que dicir e que pode.

O vindeiro fin de semana xogaremos un derbi comarcal no Pavillón Óscar Pereiro contra o CB.Mos.  Arriba Caselas!!!

CATEGORÍAS BASE:
Cadete Masc: BASKETGAL 58 CASELAS 32
Cadete Fem: R.C.CELTA 64 CASELAS 27
Infantil Masc: BAIONA 44 CASELAS 39
Mini A: SEIS DO NADAL COIA 41 CASELAS A 43