CB.CASELAS: Jano 22, Fredi 3, Darío 9, David Ledo 5, Julián 4. QUINTETO. Xur 6, Rubén 5, Rober 3 e Héctor 4.

Parciais: 18-21 / 17-10 / 11-14 / 15-27

Incidencias: Algo máis dun centenar de afecionados no Pavillón de Salceda.

Encontro disputado no que o Caselas tivo altibaixos, pero que en liñas xerais competiu perante un rival moi duro e experimentado que, iso sí, tivo que sudar moito para acadar a victoria no municipal.

Na primeira parte houbo un cuarto para cada equipo. No primeiro cuarto os de Adrián Salgado sairon enchufados nos primeiros compases, pero en xeral o cuarto foi frouxo en defensa e os de Arcade dominaron na faceta ofensiva. O marcador era de 18-21.
O segundo cuarto foi o mellor do CB.Caselas. A defensa local foi para nota: intensos no un contra un ao balón, chegando a puntear todos os tiros e un traballo interior encomiable fronte -unha xornada máis-, un equipo rival cun poderío físico no poste baixo que impresiona. Pero os locais conseguiron a través da súa defensa e dun gran movemento de balón en ataque fronte a defensa zonal rival, chegar ao descanso 4 arriba: 35-31.

Pero todos sabiamos que esta diferenza era algo simbólica e que o partido iba a ser moi longo. E así foi.
O terceiro cuarto foi durísimo: 11-14. As defensas mandaban e isto provocou que se errasen moitos tiros e subise a tensión. Igualdade total no marcador, 46-45, para comezar o derradeiro periodo.
O encontro seguiu duro, con moitos contactos e, aínda que os de Salceda o tentaron ata o final (gran actitude de todos), non estivemos de todo ben e o Arcade acadou unha victoria merecida. Nos minutos finais tentámolo todo a desesperada, e isto provocou algunha canastra fácil dos visitantes, que nos levou ata eses 11 puntos de diferenza nun partido que sempre foi igualado.

A afeción, coma sempre, de 11!!

Esta liga é dura e non para. O vindeiro finde iremos visitaremos ao Vigo 90`S. Arriba Caselas!!!!

CATEGORÍAS BASE:

Cadete Masc:  REDONDELA 49 CASELAS 44  e  CASELAS 59 TUI 46
Dous partidos desputados nos que os de Xan e Adrián competiron moi ben.

Cadete Fem: APÓSTOL 44 CASELAS 51
Moi igualado e emocionante no que as rapazas de Adri e Xan sacaron unha victoria moi valiosa nunha cancha dfiícil. Moi boa actitude de todas.