CB.CASELAS (68): Xur 5, Jano 31, Rubén 2, Rober 6, Julián 7. QUINTETO. Fredi 1, Darío 16, Jose, Héctor. Foron baixas Nico, Jorge e Ledo.
Parciais: 13-9 / 16-24 / 14-22 / 21-13.
Incidencias: Tarde de sábado no Pavillón vigués do Berbés.

Primeiro partido de 2020 e primeira victoria nunha cancha difícil neste inicio da segunda volta da liga de 3ªDivisión. Ademáis supón a primeira victoria a domicilio da temporada dos de Adrián Salgado ante un Rías Baixas que viña de gañarlle ao líder invicto Nigrán.

Mal pintaban as cousas co 9-0 inicial do Rías Baixas, con reacción dos nosos e 13-9 no primeiro cuarto.

No segundo, melloramos notablemente en ambos lados da cancha, o equipo sentíase moi cómodo e acadando ventaxas de 12 puntos. Así chegouse ao descanso con ventaxa 29-33.

Pero nesta categoría a victoria custa o seu e o partido apretouse ata os derradeiros segundos. Sufrindo, acadamos un valiosísimo premio perante un rival cun potente xogo interior.

As claves foron a actitude, compromiso e intensidade defensiva (e no rebote) por parte dos 9 xogadores, que comandados por un gran Jano, todos aportaron. Poidemos correr e xogar a bo ritmo e estivemos acertados no tiro de 3 puntos -anotamos 9 triplas- perante a defensa zonal e individual dos vigueses.

A segunda volta da liga preséntase apaixonante e igualada e promete fortes emocións.

O próximo fin de semana volta o baloncesto senior a Salceda contra outro equipo dos de arriba: o Puerto de Vigo.

Contamos co voso apoio!!!!!!   Arriba Caselas!!!!!

CATEGORÍAS BASE:
Cadete Masc: CASELAS 38 SEIS DO NADAL 82
Cadete Fem: BAIONA 38 CASELAS 58
Infantil Masc: CASELAS 46 NIGRÁN 27
Mini A: CASELAS A 46 SALESIANOS VIGO A 76
Mini B: CONDADO 43 CASELAS B 22