Tempada excepcional dos Premini

 

Hoxe remata unha maravillosa tempada para os nosos Premini A. Para moitos deles a última nesta categoría xa que na vindeira serán Minis.

Esta tarde a partires das 18:00 xogarán o último partido do Playoff parante o Porriño, agardamos vervos animando. Gañen ou perdan proclamaranse campións do PlayOff, despois de xa terse proclamado campións de liga no grupo Premini A.

Non hai calificativos para estes rapaces e rapazas. Posiblemente a mellor descripción encóntrase no comezo deste artigo, na súa foto. Un grupo alegre, cheo de amizade e compañeirismo.

(máis…)

Hoxe no Faro de Vigo

Hoxe o noso Senior aparece nos páxinas do Faro de Vigo. Gran tempada para un gran conxunto tanto no deportivo coma no persoal. #cbcaselas #PresumedeClub #farodevigo

6ªX.ASCENSO: BRILLANTE ASCENSO DO CASELAS

CB.CASELAS 60  SEIS DO NADAL COIA 53

O CB.Caselas senior masculino acadou un brillante ascenso a Terceira División A Autonómica logo de vencer ao Seis do Nadal nun pavillón de Salceda volcado co noso equipo.

Ambos equipos, xa ascendidos, xogabanse a honra de ser campións desta fase, o que finalmente lograron os de Salceda.

(máis…)

Obxetivo acadado!

Onte o noso equipo senior acadou por méritos propios o ascenso a Terceira división A o impoñerse o Seis do Nadal (60-53). Traballo, constancia, compañeirismo e moito esforzo fixeron posible que fosen Campións de liga regular e campións do Playoff de ascenso. E sen parar pasamos a Copa de Primavera… Ler máis

7 días

  Comeza unha semana de ilusión, moito traballo e esforzo. O próximo domingo xogarémonos o ascenso perante o 6 do Nadal as 19:00 no noso pavillón. Nun apretadísimo Playoff que chega a última xornada con opcións para case todos. Así que xa sabedes, o próximo domingo despois dun paseiño e… Ler máis

5ªX.ASCENSO: CHOCO 62 CASELAS 49

Non poido ser e o C.B. Caselas terá que dalo todo para ascender na última xornada de liga na casa o 27-28 de abril.

Os nosos xogadores o intentaron e en ataque fixemos boas xogadas, pero fallamos na definición. Por contra, non conseguimos correr contraataque, un dos obxectivos neste partido.

(máis…)

Gracias afición!!!!!!

Quedan dous partidos do Playoff Senior e gañando calquera deles estaremos matemáticamente ascendidos!!! Quedan duas oportunidades, duas finais para porlle a guinda a esta gran tempada. O primeiro destes partidos será o próximo sábado as 16:00 perante o Choco no IES Mendiño de Redondela. Unha oportunidade que debemos aproveitar. Levamos… Ler máis

4ªX.ASCENSO: RÍAS BAIXAS 43 CASELAS 46

Paso de xigante nesta importantísima xornada de playoff de ascenso, na que o C.B. Caselas saiu moi mentalizado dende o minuto un.

Durante a primeira metade xogamos moi ben en ataque, compartindo moito o balón, con continuos extra pass que nos permitiron romper a defensa zonal que plantexou o Rías Baixas.

Así, chegamos 17-29 ao descanso.

(máis…)