blank

Quedan dous partidos do Playoff Senior e gañando calquera deles estaremos matemáticamente ascendidos!!!

Quedan duas oportunidades, duas finais para porlle a guinda a esta gran tempada.

O primeiro destes partidos será o próximo sábado as 16:00 perante o Choco no IES Mendiño de Redondela. Unha oportunidade que debemos aproveitar.

Levamos toda a tempada contando convosco en cada partido da casa e algúns de vos tamén nos acompañades nos de fora da casa. Non teríamos chegado ata aquí sen esta afición.

blank

Por eso vos animamos, vos pedimos, que se andades preto de Redondela, se tendes a tarde libre e vos apetece dar un paseiño, vos acerquedes a darnos o voso apoio nesta penúltima partida, nesta vendeta.

Gracias a toda a nosa afición polo seu constante apoio durante toda esta tempada. Sodes sen nengunha dúbida a mellor afición de toda esta liga.