Onte o noso equipo senior acadou por méritos propios o ascenso a Terceira división A o impoñerse o Seis do Nadal (60-53).

Traballo, constancia, compañeirismo e moito esforzo fixeron posible que fosen Campións de liga regular e campións do Playoff de ascenso. E sen parar pasamos a Copa de Primavera que comeza xa o próximo fin de semana.

Dende o Club Baloncesto Caselas queremos felicitar o Club de Baloncesto Seis do Nadal pola súa excelente tempada.