blank

Situación insólita esta temporada no CB.Caselas, con só 6 xogadores dispoñibles en Mos perante as numerosas baixas por lesións e traballo. E nestas circunstancias é moi difícil competir a un bo e veteranano equipo local.

O Caselas saiu mentalizado que a tarefa iba a ser moi complicada e tal vez estivemos moi relaxados no primeiro cuarto, onde un moi acertado Mos xa puxo terra de por medio: 24-8 de parcial.

A partir de ahí os de Adrián Salgado trataron de competir mellor e o partido foi moito máis igualado, pero con diferenzas de máis de 20 puntos que, vistas as circunstancias, foron insalvables.

Coa retirada a última hora da Copa do Ureca Baiona, o CB.Caselas descansa nas seguintes xornadas e non voltará a xogar ata o 25-26 de maio, visitando ao Redondela. O 8-9 de xuño rematará en Salceda co Illas Cíes de Vigo.

CB.CASELAS (40): Jano 19, Jorge 2, Rober Alvarez 4, Rober Temporao 2, Fredi 7. QUINTETO. Nico 6.

Parciais: 24-8 / 15-12 / 15-10 / 12-10.

Incidencias: Moi pouco público no Pavillón Óscar Pereiro de Mos.

CATEGORÍAS BASE:

Só xogaron 3 equipos da base. Dous equipos do clube están xogando polo título de liga e os dous gañaron en dous partidazos.

Por un lado o Premini A de Adrián gañou no derbi no CUVI a Porriño por 64-13. E o Mini de Manolo fixo o propio co líder García Barbón en Salceda por 46-45.

O Premini B non tivo opción perante un Redondela moi superior: 63-12.