blank

 

Hoxe remata unha maravillosa tempada para os nosos Premini A. Para moitos deles a última nesta categoría xa que na vindeira serán Minis.

Esta tarde a partires das 18:00 xogarán o último partido do Playoff parante o Porriño, agardamos vervos animando. Gañen ou perdan proclamaranse campións do PlayOff, despois de xa terse proclamado campións de liga no grupo Premini A.

Non hai calificativos para estes rapaces e rapazas. Posiblemente a mellor descripción encóntrase no comezo deste artigo, na súa foto. Un grupo alegre, cheo de amizade e compañeirismo.

Nestes anos na categoría Premini puidemos asistir a súa enorme evolución. Como aprenderon novas habilidades, a loitar cada bola, a respetar o contrario, a compartir o balón e terminar cada partido cun soriso de ledicia e orgullo, incluso tralo único partido perdido nesta tempada.

Do mesmo modo é imprescindible que lle regalemos estas mesmas palabras o Premini B,  xa que a pesar de termos dous Premini ambos adestraron xuntos e comparten os mesmos valores de amizade e esforzo.

blank

E por suposto a nosa noraboa ós adestradores Julio e Adrián por esta gran tempada.

Por último a nosa gratitude para todas as Nais e Pais que tanto nos apoian. Gracias por deixarnos desfrutar dos vosos fill@s, gracias polo voso constante apoio e polo respecto por tódolos contrarios, o voso exemplo e a mellor das leccións.

Gracias a tod@s.