blank

Paso de xigante nesta importantísima xornada de playoff de ascenso, na que o C.B. Caselas saiu moi mentalizado dende o minuto un.

Durante a primeira metade xogamos moi ben en ataque, compartindo moito o balón, con continuos extra pass que nos permitiron romper a defensa zonal que plantexou o Rías Baixas.

Así, chegamos 17-29 ao descanso.

A volta dos vestiarios seguimos xogando ben en ataque, aínda que menos atinados no tiro, e mantivemos o tono defensivo. Todo parecía controlado no último cuarto, pero a estas alturas da temporada e nesta liguilla, as cousas son moi difíciles.

En ataque comezamos a xogar peor e o cambio de defensa a individual dos vigueses despois de estar case todo o partido en zona, desconcertounos un pouco.

Un par de malas decisións e perdas en ataque, levounos a un final de infarto, onde tocounos defender o derradeiro tiro local para evitar a prórroga. Pero a pesar do sufrimento final, en liñas xerais os de Adrián Salgado fixeron un bó partido, merecendo a victoria.

Unha victoria que aínda que para nada definitiva, nos achega ao obxectivo (gañando un dos dous partidos que faltan, estariamos ascendidos).

Moi contentos co compromiso e traballo de todo o grupo. Arriba Caselas!!!

CB.CASELAS (46): Xur 10, Darío 8, Jose 3, Sergio 4 e David Ledo 7. QUINTETO. Jorge 2, Rober Alvarez, Fredi, Toni 4, Jano 7. Nico e Rober Temporao foron baixas.
Parciais: 9-16 / 8-13 / 11-11 / 15-6.

Incidencias: Encontro xogado o domingo as 10 da mañán no pavillón de Pista Vermella en Vigo.

CATEGORÍAS BASE:

Destacar o fin da primeira fase para os nosos pequenos do Premini. O  EDM/CB.Caselas “A” entrenado por Adrián Salgado, clasificouse para as semifinais de liga como primeiro de grupo.

Noraboa!!

blank

Os demais resultados:

Junior Fem: CASELAS 40 SEIS DO NADAL 45
Infantil Fem: CASELAS 63 REDONDELA 18
Infantil Masc: NIGRÁN 56 CASELAS 31  //  CASELAS 45 PORRIÑO C 47
Premini A: CASELAS A 56 C.MARIANO 6
Premini B: CASELAS B 11 CONDADO 45