blank

Xa estamos aquí a 5 dias da viaxe a Ourense para asistir o partido entre o C.B. Ourense e o I.C.L Manresa e vos recordamos que  quedan 9 prazas disponibles e que hoxe é o último día de inscricións.

Vos informamos de que dende hoxe pola tarde estarán dispoñibles no pavillón unhas caixas para a recollida de alimentos, recordade que cada asistente a viaxe deberá entregar alimentos nos perecederos doaremos a Banco de Alimentos de Salceda.

Destacamos que a entrega de alimentos está aberta a calquera membro do club (nais, pais, nenos, adestradores, seguidores) aínda que non vaían a asistir o partido. Trátase dunha acción solidaria polo que nos gustaría contar coa colaboración de todo a CLUB.

Colocaremos unha caixa o carón das escaleiras de acceso as gradas e outra o carón das escaleiras de acceso os vestiarios.

Non imos levar control de quen vai deixando os alimentos porque temos plena confianza en vos e no voso compromiso co clube e esta iniciativa solidaria.

Poderemes entregar os alimentos ata o mesmo día da viaxe ainda que vos recomendamos que o fagades en canto vos sexa posible. Por úitimo recordamos que os alimentos máis necesarios son ACEITE, AZUCAR e CONSERVAS.

Gracias a tod@s.