O espectáculo de ver un partido de liga ACB entre o noso querido OBRADOIRO e un histórico do baloncesto español e europero como o JOVENTUT de Badalona nun escenario como o Pavillón Fontes do Sar é un recordo que perdura na memoria dos nen@s e d@s non tan nen@s.
Polo que cada ano organizamos unha viaxe para todo aquel que queira acompañar o club a un partido do Obradoiro.
Sábado 14 de marzo as 18:00.
VS 
Despois de falar co Obradoiro, contamos cunhas condicións moi ventasoxas que esperamos vos animen a acompañarnos.
As inscricións para a viaxe estarán abertas dende o 17/02 ata o 06/03.
- A oferta está aberta a Xogadores, socios e familiares directos (pais, irmáns).
- Saída dende o pavillón de Salceda , pendente de confirmar a hora do partido.
- Se o número de inscritos é suficiente o club fletará un autobús.
- Os primeiros 12 xogador@s Premini ou Mini inscrit@s verán o partido dende a pista e xogarán un partido no descanso.
- Para contar coma xogad@r inscrito terase en conta tanto a inscrición coma o ingreso no banco. Deben estar feitas ámbalas dúas cousas. A estes xogador@s, devolveráselle posteriormente o importe da inscrición xa que irán invitados.
- Hai 55 prazas dispoñibles.
- Inscricións a través deste formulario Online.
- O pago realizarase por transferencia ou ingreso en Abanca.
- O prezo é de 12€ por persoa.
Para calquera dúbida contactar con nos no 675646761 (Móbil ou Whatsapp). Vos manteremos informados!!