Faise estrano esta falta de relación con todos vos, cos nosos socios. Non ir o pavillón o domingo para velo senior ou ós nosos pequechos.

Acostumados a mil e una actividades este ano non podemos ir de aventuras a Valença, desfrutar do Obradoiro ou do Ourense.

Coma aínda con todo non temos paraxe, pensamos que estaría ben animar un pouco os nosos socios polo que imos facer un sorteo entre todos eles.

Así que o final deste mes de novembro faremos o sorteo entre todos eles dunha mochila do Club coma esta

blank

Se non es socio non te preocupes e apura que aínda podes participar. Dende seguinte enlace da nosa web podes facerte socio https://www.baloncestocaselas.com/tenda/faite-socio/ ademais colaborarás a mantelo noso club neste ano tan complexo.

Ah! E os que xa sodes socios mil millóns de grazas. Seguimos avanzando gracias a vos ?????