O empuxe e insistencia do Caselas non bastou para doblegar a un experimentado San Mauro, que se levou unha traballada victoria.

Os de Adrián Salgado cambiaron totalmente a imaxe ofrecida nos últimos dous partidos, especialmente en defensa, e tiveron opcións ata o final, onde a falta de puntería minguou as nosas opcións. Os de Vilanova de Arousa aparecían coma un conxunto moi alto e rochoso e con bos tiradores.
Comezamos igualados, con intercambio de canastas. No segundo periodo non estivemos ben e os de Vilanova de Arousa ibanse ao descanso 21-32
Fomos a máis no terceiro cuarto, pero no periodo final, co marcador sempre en contra, cedemos.
Próximo fin de semana descansamos. Voltaremos dentro de quince días cunha longa viaxe a Pontecesures para xogar contra o campión da liga arousana.

C.B.Caselas (48): Xur 10, Darío 20, Carlos 3, Toni 2, Fredi. QUINTETO. Jose, Rober, Manu 2, Berna e Nico 11.
Parciais: 10-11 / 11-21 / 15-8 / 12-15.
Incidencias: Pouco pero animoso público no Pavillón de Deportes de Salceda. Sobre catro decenas de afecionados.

CATEGORÍAS BASE:
Primeira victoria da temporada do Infantil de Julio que venceu en Salceda ao Baixo Miño por 43-25. Isto supón un golpe de moral para os rapaces.
Tamén gañou o Mini Feminino nun gran partido ao Apóstol por 49-40.
O Mini Masculino perdeu en Nigrán por 42-37 e o Junior Feminino rematou a primeira fase de liga perdendo en Salceda co R.C.Celta por 31-61.