Os Infantiles ao remate do partido contra Porriño C atendendo as explicacións do seu míster Julio.

Xornada sen partido senior, pero con moita actividade para a nosa canteira, con seis partidos (cinco deles no pavillón de Salceda).

Moi cedo -as 9:30 do sábado- comezaba o Mini Masc, que perdía por 45-59 con Novobasket Vigo.

Logo, mini derbi Premini na loita polos postos de arriba entre o Caselas e Tui B. Partido entretido, igualado e marcador de 38-45 para Tui.

A mañán de sábado remataba co Junior Fem Caselas-Xinzo, con clara victoria para as de Salceda por 69-41.

Xa no domingo, partidazo Mini Fem entre as nosas e o Celta. O partido comezou mal e perdiamos 10-27 no segundo cuarto. Pero unha gran reacción dun gran Caselas a piques estivo de remontar. Ao final nos quedamos na beira e cedemos por 58-62.

O Infantil Masc era o seguinte equipo en xogar contra Porriño C. Os de Julio gañaron xustamente por 44-34 con boa actitude dos rapaces.

O finde remataba en Monforte de Lemos coas Junior outra vez en escea. E non defraudaron gañando non sen traballo ao Val de Lemos por 28-46. As rapazas de Adrián e Xan rematan a liga en quinta posición cunha gran serie de 4 victorias nos últimos 4 partidos. Grandes!!!


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Categories: Cronicas

0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!

Abrir chat
Ola 👋
En que podemos axudarche?