blank

Mañán, 19 de novembro as 18:00, presentarase na Biblioteca Municipal o Audiolibro “A Banda dos Insectos”.

Este xenial proxecto, leva a música composta polo noso Coordinador Deportivo Adrián Salgado. Esta pequena semente dos insectos que prantamos o abeiro do Club Baloncesto Caselas, medrou escapando o noso control para converterse nun incrible audiolibro que levará as aventuras dos nosos bechiños polo mundo adiante.

Das boas ideas e o traballo xurden grandes cousas.

Se queredes asistir a presentación, alí nos veremos 😉