Esta pasada fin de semana foi moi especial para tod@s @s que formamos a familia do C.B. Caselas.

Os nosos equipos xogaron os derradeiros partidos oficiais do ano 2021, pero sobre todo destacamos o acto de Presentación desta tempada tan importante na que celebramos o 30 aniversario do clube, o pasado domingo 19 de decembro no Pavillón Municipal.

Nestes tempos nos que non é sinxelo organizar este tipo de actos pola situación sanitaria que nos toca vivir, queremos dar as grazas tod@s @s que participaron nesta festa do baloncesto en Salceda.

Grazas @s xogador@s, familias, adestrador@s, directiva, patrocinadores, Concello e representantes dos partidos, afeccionad@s e tod@s @s que puxeron o seu gran de area para que o acto saíra adiante de maneira existosa.

GRAZAS GRAZAS e GRAZAS

Resultados da Xornada:

SENIOR MASCULINO

C.B.Caselas 48 – 63 CAB Pontevedra

INFANTIL MASCULINO

C.B.Eléctrica Sestelo 32 – 50 C.B.Caselas

INFANTIL FEMININO

C.B.Eléctrica Sestelo 55 – 27 C.B.Caselas

PREMINI MASCULINO

C.B.Caselas 16 – 59 Salesianos Vigo

PREMINI FEMININO

C.B.Caselas 19 – 42 Celta

Mención especial para o noso equipo Premini Feminino (primeira vez na historia que o Caselas ten equipo nesta categoría), que debutaron o sábado en Liga. Grandes rapazas!!!

blank

Cos nosos acertos e os nosos erros, pensamos que estamos no camiño correcto e, dende logo, poñemos toda a nosa ilusión e traballo para que o C.B.Caselas mellore cada tempada.

Sobre todo, todos os nosos esforzos diríxense ao que realmente nos importa: buscar que @s rapaz@s se divirtan aprendendo este maravilloso deporte do que estamos namorad@s. El@s e a súa actitude son os motores que nos empurran a seguir mellorando cada día.

Estamos tremendamente orgullos@s de TOD@S.

Nesta tempada do 30 aniversario do C.B.Caselas, na que chegamos a unha cifra récord na historia do clube con 119 xogador@s!!! e 9 equipos, seguiremos invertindo todo o noso tempo e a nosa paixón por darlle a mellor educación deportiva e integral que poidamos!

Durante o Nadal seguiremos adestrando, permanecede atent@s!

BOAS FESTAS!