blank

Onte remataron os entrenos, e con eles a tempada 17/18.

Dende o club queremos darvos as gracias por todo o apoio e as boas palabras que nos ofrecestes durante estes meses.

Creemos que esta foi unha gran tempada, chea de grandes momentos que atesourar: Liga dos insectos, viaxes a Obradoiro e  Ourense, torneo de Valença e todos e cada un dos entrenos que sempre deixan pequenas guindas na memoria de adestradores e directiva.

Moitísimas gracias de corazón.

Colgamos o cartel de “Pechado por vacacións” ata o próximo mes de setembro, co obxectivo de descansar e dedicarlle un merecido tempo as nosas familias.

En breve publicaremos os videos da Liga dos Insectos, que será espectacular e xa estamos organizando o Torneo 3X3 Insectos que terá lugar a principios de Setembro.

Boas vacacións a todos.