SENIOR MASCULINO

SEIS DO NADAL VERMELLO 31 – 74 C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ

Parciais: 5 – 17 / 10 – 14 / 10 – 23 / 6 – 20

Anotadores: Kentre Williams 15; Darrell Paxton II 12; Xur 10; Iván 8; Jorge 7; Jose 6; Rober 6; Alex 6; Manuel 2; Héctor 2; Eloy.

O Senior masculino acadou de maneira brillante o pase á FINAL FOUR DA COPA tras a apabullante victoria na dura pista do Seis do Nadal. Os de Martín fixeron un dos partidos máis serios e completos de todo o curso, sendo conscientes do que se xogaban: nin máis nin menos que chegar a unha final de copa en categoría senior, algo que non conseguimos dende o ano 2016 cando o C.B.Caselas gañou por segunda vez consecutiva a Copa de Vigo.

Esta victoria, a número 11 de maneira consecutiva, permite pechar á clasificación para as semifinais, pero aínda queda un reto por diante: o próximo DOMINGO 26 DE MAIO xogarémonos na casa o primeiro posto do grupo perante o C.B. Nigrán nun partido de alto voltaxe. Agardámosvos !!!

SENIOR FEMININO

blank

IGUALDADE CAMBADOS 39 – 46 C.B. CASELAS LR NATURAL GRANITE

Parciais: 8 – 8 / 11 – 15 / 13 – 14 / 7 – 9

Anotadoras: Alejandra 13; Cris 11; Tamara 9; Susi 7; Raquel 2; Lucía 2; Elena 2.

O senior feminino do C.B.Caselas continúa a darnos moitas alegrías nesta primeira campaña histórica. Por diante tiñamos a ida das semifinais de copa perante un duro rival co que perderamos os dous partidos da competición ligueira: o Igualdade Cambados.

Non importou a viaxe de máis dunha hora, nin a calor sofocante no pavillón, nin tampouco que debido ás moitas baixas soamente contaramos con sete xogadoras. O equipo respondeu como se debe facer nunha cita tan importante: compromiso colectivo, esforzo defensivo e intelixencia en ataque.

A pesares de fallar moitas canastras fáciles na primeira metade e irnos ao descanso coa sensación de poder ter máis vantaxe no marcador, as nosas seguiron xogando duro de principio a fin e leváronse unha merecida victoria.

Agora queda o partido de volta por diante na nosa casa, que promete emocións fortes e estamos seguros que o equipo o dará todo para pasar á final de copa.

O próximo DOMINGO 26 de MAIO ás 12:00h AGARDÁMOSVOS A TOD@S NO MUNICIPAL DE SALCEDA PARA ANIMAR AO EQUIPO !!!

CADETE FEMININO

blank

C.B. REDONDELA 52 – 45 C.B. CASELAS (Prórroga)

Despois de practicamente un mes de parón na competición cadete feminina, por fin voltamos a xogar.

Nesta primeira xornada de copa tocou visitar ao C.B. Redondela e como vén sendo habitual esta tempada as de Adrián xogaron un partido moi igualado, ata o punto de que nesta ocasión tiveron que xogar unha prórroga para que a victoria se decantara cara un dos dous equipos.

As rapazas do Caselas deixaron absolutamente todo sobre a pista e o partido o puido gañar calquera. Perder no tempo extra doe no momento, pero as nosas poden estar moi contentas e orgullosas polo esforzo realizado. A continuar así !

CADETE MASCULINO

blank

NOVOBASKET C 45 – 50 C.B. CASELAS BALIDEA

Non foi o mellor partido do noso cadete masculino nesta tempada ante o Novobasket. O equipo vigués xogou moi ben mentras que o Caselas foi máis irregular.

Sen embargo, os rapaces sacaron o partido adiante e acadaron unha importante victoria a domicilio na segunda xornada da copa. Noraboa !

INFANTIL MASCULINO

blank

C.B. CASELAS NATURAL GRANITE 22 – 72 NOVOBASKET B

Partido duro para o noso infantil masculino perante o Novobasket. A pesares do resultado os nosos o deron todo unha vez máis. A seguir traballando !

MINI MASCULINO

blank

GARCÍA BARBÓN 10 – 61 C.B. CASELAS

Gran partido do noso mini masculino en Vigo. Bo traballo rapaces !

MINI FEMININO

blank

SALESIANOS VIGO B 37 – 21 C.B. CASELAS

Partido moi intenso o que xogou o noso mini feminino, que loitou coma vén sendo habitual dende o primeiro ata o derradeiro segundo do partido.

As nosas fixeron un bo encontro na penúltima xornada de liga. Pecharemos a competición oficial de mini feminino en casa contra o Celta a fin de semana do 25 e 26 de maio.

PREMINI MIXTO

blank

C.B. BAIONA 34 – 32 C.B. CASELAS

Emocionantísimo partido do Premini Mixto, que decidíuse nos derradeiros instantes. A veces se gaña e a veces pérdese, pero sempre se aprende.

Noraboa a tod@s @s rapaz@s polo seu esforzo!

MOITOS ÁNIMOS PARA JORGE !!!

A familia do Caselas manda moitos ánimos ao noso xogador premini Jorge, que rompeu o brazo e estará de baixa un tempiño.

Agora a descansar e de seguro que pronto estarás de novo na pista !!!

blank

III CAMPUS C.B. CASELAS

25 ao 29 de XUÑO de 2024

blank

UN ANO MAÍS NUNHA SEMANA CUBRIMOS TODAS AS PRAZAS DO CAMPUS !!!

MOITAS GRAZAS POLA CONFIANZA NESTE PROXECTO !!!

QUEDA POUCA MÁIS DUN MES … TIC – TAC …

DESCENSO OBRADOIRO

blank

Dende o C.B.Caselas mandamos moitos ánimos ao Obradoiro CAB despois do seu descenso á LEB OURO tras 13 anos en ACB🥹

Agradecemos de corazón o trato que sempre nos dades nas nosas visitas, facéndonos sentir coma na casa💙

Estamos segur@s que voltaredes máis pronto que tarde e nós seremos testigos🏀

Hoxe máis que nunca, FORZA OBRA💪💪💪