O noso coordinador deportivo Adrián Salgado e o adestrador de mini e junior Luis Miguel Domínguez viviron unha gran experiencia tras acceder a unha beca Erasmus a través dos Ciclos Formativos de Adestradores de Baloncesto que están cursando durante esta tempada no IES Bouza Brey de Vilagarcía.

No caso de Luismi, que xa estivo a tempada pasada un mes en Alemaña no Alba de Berlín durante un mes, estará ata o 11 de xuño formando parte do corpo técnico do club luso de Povoa de Varçim, participando en distintas categorías como adestrador.

Adrián, pola súa banda, estivo todo o mes de maio adestrando no Club Porto, unha das canteiras máis valoradas en Portugal, e que conta no seu corpo técnico con adestrador@s como a coordinadora Isabel Lemos , coa que Adrián aprendeu moito e tomou boa nota de cómo estructura o traballo técnico-táctico dos equipos de formación, Daniela Gomes, seleccionadora da selección portuguesa Sub16 masculina, coa que Adrián estivo de axudante, ou Moncho López, ex-seleccionador absoluto español e que leva moitos anos como primeiro adestrador do senior masculino (que xogaron a final da 1ª División Portuguesa a semana pasada).

blank
Equipo Sub16 Masculino Porto con Adrián
blank
Equipo Senior Masculino de Povoa de Varçim con Luismi
blank
Adrián e a coordinadora do Porto Isabel Lemos

Experiencias moi enriquecedoras que de seguro axudarán a medrar como adestradores aos nosos técnicos, e que tamén serve para establecer lazos e nexos de unión con clubes extranxeiros de cara a facer intercambios e torneos cando a situación sanitaria o permita.

Dende o Club Baloncesto Caselas sempre buscamos mellorar e estamos encantados de que o noso corpo técnico continúe formándose para evolucionar e ofrecer a mellor educación deportiva posible @s nos@s xogador@s.

Nesta tempada tan distinta, o clube segue a traballar a reo en todos os ámbitos para que o baloncesto medre en Salceda. Este mes de xuño organizaremos a Liga dos Insectos e a Liga dos Dinosarios (competicións internas nas que participan tod@s @s xogador@s do Caselas), un torneo triangular Infantil Mixto e xogaremos partidos amistosos con todas as categorías. Un premio ben merecido para a nosa canteira que aguantou estoicamente este curso sen competición oficial con compromiso e amor por este deporte, e que servirá para abrir boca para o que nos agarda na tempada 2021-22.

Permaecede atent@s!