Dende o Club Baloncesto Caselas queremos agradecer e felicitar públicamente ? ao noso xogador de categoría junior André Codesido Vázquez, e vos preguntaredes por que ??

Pois moi sinxelo. Agradecerlle o seguir con nós, a pesares das limitacións e obstáculos desta tempada e agradecerlle o seu apoio por ser o primeiro en facerse socio do clube a través da nova tenda online que habilitamos fai unhas semanas para facilitar a interación con xogador@s, soci@s e familiares limitando así o contacto físico ?.

E felicitalo por ser o primeiro socio en estrear o novo carnet dixital que xa pode levar con él a todas partes no seu móbil ?.

Non se pode pedir máis con xogadores así. Moitísimas grazas André.

Lembrade que podedes apoiarnos coma él e facervos soci@s dende está dirección https://www.baloncestocaselas.com/tenda/faite-socio/