A pasada fin de semana estivo ben cargadiña de partidos, moitos deles moi igualados e emocionantes. Contámosvos como foi:

CADETE MASCULINO

C.B.CASELAS BALIDEA 70 – 33 SALESIANOS B

Gran victoria do noso cadete masculino, que remata así invicto a segunda fase da competición, quedando primeiro de grupo e rubricando de maneira brillante o seu pase á semifinal de liga. Como xa sucedera na primeira fase, os nosos aspiran a clasificarse para a Liga Galega da próxima tempada.

Esta fin de semana promete emoción a raudais: o vindeiro domingo 21 de abril dispútanse no Pavillón Universitario do Cuvi as semifinais a partido úinico cun posto na final de liga en xogo: ás 16:00h xogarán Seis do Nadal Coia contra o Seis do Nadal C.E.F. e ás 18:00h será o turno para o Caselas perante o Apóstol de Vigo.

Agardámosvos a tod@s para animar ao equipo e desfrutar con eles dunha nova festa do baloncesto!

INFANTIL MASCULINO

C.B.CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 54 – 50 PBB A

Partidazo no derbi rexional desta primeira xornada da fase polo título de liga Infantil Masculina! O Caselas Hermanos Núñez xogou un gran baloncesto e levouse unha victoria perante o Porriño A, nun encontro moi igualado. Noraboa rapaces!

C.B.CASELAS NATURAL GRANITE 65 – 14 C.B.CONDADO

O Caselas Natural Granite continúa nun gran momento de xogo e resultados nesta segunda fase da competición. A continuar así!

MINI MASCULINO

SALESIANOS B 49 – 54 C.B.CASELAS

Outro partido emocionante foi o do mini masculino, que o deu todo na pista de Salesianos. Os rapaces do Caselas deixáronse a pel sobre a cancha e fixeron desfrutar ao público xunto ao equipo local, que tamén xogou un gran encontro. Baloncesto mini en estado puro!

MINI FEMININO

APÓSTOL BLANCO 41 – 40 C.B.CASELAS

Para emocionante, o encontro das nosas minis, que perderon cunha canastra no derradeiro segundo. Semana a a semana o Caselas mini feminino continúa a mostar a súa melloría.

PREMINI MIXTO

C.BCASELAS 28 – 30 C.B.CONDADO

O premini xogou un partido igualadísimo perante os nosos veciños do Condado. O pasaron en grande e competiron a tope. A seguer así!

SENIOR FEMININO

C.B.CASELAS LR NATURAL GRANITE 51 – 53 APÓSTOL

Parciais: 12 – 14 / 12 – 16 / 6 – 15 / 21 – 8

Anotadoras: Cris 14; Alejandra 8; Tamara 9; Elena 5; Irene 4; Lucía 3; Susi 3; Laura 3; Saray 2; Iria; Raquel.

O público presente no pavillón municipal de Salceda vibrou unha xornada máis co noso equipo senior feminino.

Nun encontro durísimo, as nosas mostráronse algo irregulares. No terceiro periodo o Apóstol (segundo clasificado da competición) colleu unha vantaxe importante, chegando ao derradeiro cuarto cun 30 – 45 no electrónico ao seu favor.

Pero como levan mostrando durante esta primeira tempada de senior feminino na historia do Caselas, as de Joseba sempre o dan todo ata o final dos partidos. A través dun gran esforzo e compromiso defensivo, fixeron unha espectacular remontada e tiveron opción de levarse a victoria nos últimos segundos. Finalmente o triunfo caeu do lado visitante, mais a imaxe mostrada polo Caselas foi para sentirse orgullos@s!

Agora, a pola derradeira xornada de liga na pista dos Sauces!

SENIOR MASCULINO

C.B.RODABALLO 66 – 67 C.B.CASELAS HERMANOS NÚÑEZ

Parciais: 22 – 8 / 11 – 16 / 19 – 20 / 14 – 23

Anotadores: Kentre Williams 19; Alex 15; Iván 8; Darrell Paxton 8; Xur 5; Jose 3; Manuel 3; Rober 2; Jorge 2; Héctor 2; Eloy.

Non foi o mellor partido do noso senior masculino na súa visita a un clásico do baloncesto vigués, O C.B. Rodaballo.

Os de Martín non estiveron nada acertados no tiro durante case todo o encontro. Pero a falta de un minuto para rematar o choque e con 8 puntos abaixo no marcador, o Caselas roubou 3 balóns e anoutou varias canastras rápidas que o puxeron en disposición de gañar nos últimos segundos…e así, co Rodaballo dous puntos arriba, chegou o triplazo sobre á bucina do noso xogador Kentre Williams que deulle a victoria para o Caselas.

Mirando o lado positivo, destacar que nun mal partido do Senior o equipo sacou o caracter necesario para intentalo ata o final e acadar unha victoria apretada a máis non poder.

Noraboa ao Rodaballo por continuar na brecha durante tantos anos!

CADETE FEMININO

A mala nova da fin de semana foi a lesión de rodilla da nosa xogadora do cadete feminino Diana, que está agardando as probas para ter un diagnóstico definitivo.

Moito ánimo e pronta recuperación de parte de todo o C.B.Caselas! Seguro que dentro de pouco estarás de volta e dandoo todo na pista como sempre fas!

II CAMPUS DE VERÁN C.B.CASELAS

25 ao 29 de Xuño/2024

Xa temos as DATAS DE INSCRICIÓN paro noso terceiro campus de verán!

  • Do 3 ao 10 de MAIO: PRAZO EXCLUSIVO E A PREZO REDUCIDO SÓ PARA XOGADORES/AS DO C.B.CASELAS.
  • Do 11 ao 18 de MAIO: prazo para o público xeral.

Comeza a conta atrás para un dos eventos máis agardados do C.B.Caselas!

Permanecede atent@s, nas próximas semanas iremos desvelando as novidades para esta nova edición!


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Categories: CronicasNovas

0 Comments

Deixa unha resposta. Dinos que che parece!!

Abrir chat
Ola 👋
En que podemos axudarche?