Este domingo 14 de novembro chegou cargadiño de partidos para os nosos equipos.

O Senior Masculino Hermanos Núñez xogou o seu terceiro partido de liga no Colexio Salesianos de Vigo, con victoria para os locais.

O partido alternou fases peores e momentos mellores para os nosos, que a pesares do marcador final, comezan a dar pequenas mostras de melloría e do que poden chegar a ofrecer nesta tempada.

O máis positivo chegou dende o aspecto defensivo, con tramos moi intensos e boas defensas dos bloqueos directos que permitiron ao Caselas recuperar moitos balóns e chegar a estar a 7 puntos no marcador no terceiro cuarto.

O peor, o nulo acerto exterior (non anotamos ningunha tripla no partido) e que esa boa defensa con varios roubos de balón non se traducíu en canastras ao contraataque.

Con todo, a actitude do equipo foi moi positiva e o luns no adestramento notouse o compromiso de todos en seguir mellorando e medrando como grupo. O próximo domingo o Salesianos devolverá a visita ao Pavillón Municipal de Salceda, nun partido no que os nosos buscarán competir ao máximo!

SALESIANOS “B” 55 – 32 C.B.CASELAS ( 19-7 / 12-9 / 8-10 / 16-6 )

Anotadores: David Ledo 5; Quique 5; Ivan 7; Xur 7; Rober 5; Pablo 3; Fredi; Pedro Pino; Jose; Héctor; Alex; Miguel.

CATEGORÍAS BASE:

O domingo foi o turno para o Junior Feminino en Ponteareas e para o Infantil Masculino e Mini Masculino na casa.

MINI MASCULINO:
C.B.CASELAS 30-23 COLEGIO MARIANO
Partido debut dos nosos rapaces do Mini Masculino, que mostraron unha actitude estupenda e esforzáronse ao máximo.

blankblank

INFANTIL MASCULINO:
C.B.Caselas 65 – 15 Apóstol
Bo partido do Infantil Masculino Natural Granite. Dende o primeiro cuarto, os nosos saíron a tope. O partido foi moi positivo, todos aportaron e xogaron moitos minutos. Estamos en moi boa dinámica e esta liga infantil preséntase moi competida e apaixoante. A disfrutar!

JUNIOR FEMININO:
Condado 35 – 43 Caselas
Tras un primeiro cuarto moi bo en ataque (parcial de 8 – 25 ao noso favor) e unha primeira parte positiva en xeral (18-33 ao descanso), nas que as 12 xogadoras xogaron minutos e aportaron, poderíase pensar que sería un partido tranquilo por cómo iban as cousas.
Nada máis lonxe da realidade: na segunda parte saímos ben nos primeros minutos con dúas ou tres boas defensas e bos ataques que fallamos e pouco a pouco menguamos en confianza, intensidade e traballo defensivo. A partir de ahí, o C.B.Condado tamén mellorou e complicounos moito a cousas ata o final do partido.

Noraboa ás nosas rapazas polo esforzo. A liga Junior Feminina é moi dura e cada partido é dificilísimo!

blankblank

O mellor da fin de semana: o compañerismo e comportamento que mostran @s nos@s xogador@s e a actitude das familias na grada, e tamén dos nosos equipos rivais. É unha grana satisfacción voltar á competición esta tempada. Graciñas a tod@s e teñamos sentidiño coa situación sanitaria.

Por último, comentar que Sabela do Junior feminino sufríu unha aparatosa caída e lastimouse o pescozo. Afortunadamente quedou nun susto e pronto estará de volta dando caña e deixándo a pel na pista como sempre fai! Descansa e recupérate ben Sabela!

ARRIBA CASELAS!!!