Esta pasada fin de semana estivo repleta de emocións fortes para o C.B.Caselas, con partidazos que demostran que o baloncesto é un deporte único e espectacular.

O Senior Masculino desplazábase ata Pontevedra para xogar na casa do CAB o sábado ás 20:00h.

CAB PONTEVEDRA 67 – 45 C.B.CASELAS

Parciais: 22-12 / 9-13 / 18-10 / 18-10
Anotadores: Pablo 8; Héctor 6; Xur 9; Quique 4; Pino 10; Jose 2; Alex 3; Ivan 3; Rober.

Os de Martín competiron ben, sobre todo na primeira parte (31 – 25 ao descanso). Na segunda metade, o esforzo dos nosos continuou, mantendo o partido igualado no terceiro cuarto, pero o escaso acerto en ataque, permitíu aos locais acadar a victoria.

A fin de que ven, o CAB Pontevedra devólvenos a visita!

Categorías Base:

Esta fin de semana foi apaixoante nas categorías de formación.

PREMINI MASCULINO

Chegou o debut (por fin!) do Premini Masculino en 6 do Nadal, no que os rapaces o pasaron en grande, nun partido que para moitos era o primeiro da súa vida 🙂

Unha mañán repleta de ilusión e novas experiencias para os nososo insectos!!!

JUNIOR MASCULINO: C.B.CASELAS 38 – 52 SAN JOSÉ SAUCES

O Junior Masculino competíu moi ben perante San José Sauces no partido do sábado tarde na casa. Pouco a pouco van tomándolle o pulso á dura competición Junior.

INFANTIL FEMININO: MIRALBA 43 – 37 C.B.CASELAS

O Infantil Feminino continúa traballando e mellorando e está competindo ao máximo.

INFANTIL MASCULINO: C.B.BAIONA 55 – 53 C.B.CASELAS

Un dos partidos máis espectaculares e emocionantes da fin de semana foi, sen lugar a dúbidas, o do Infantil Masculino en Baiona. Un partido precioso, cun ritmo e unha intensidade enormes, que fixo desfrutar moitísimo tanto aos xogadores como ao público presente no Pavillón Municipal de Baiona. Os nosos fixeron un esforzo titánico perante un equipo físicamente moi bo e o partido decidíuse nos derradeiros segundos. Noraboa rapaces!

JUNIOR FEMININO: PBB B 54 -51 C.B.CASELAS

Por último, outro partido de alta voltaxe foi o xogado no Municipal de Porriño o sábado ás 20:00h.

O derbi comarcal prometía emocións fortes e non defraudou.

Cun ambiente espectacular nas gradas, con moit@s afeccionad@s por ambos equipos, o partido tivo unha enerxía incríble. Ao descanso, o resultado era de 30 – 19 para as locais, pero nunha segunda parte moi boa (sobre todo no último cuarto cun parcial de 20 -12 para o Caselas), as nosas igualaron o partido e ata os derradeiros segundos a victoria puido caer para calquera de dos equipos.

Grandes rapazas!!!

Noraboa a tod@s @s nos@s xogador@s, non soamente polo seu esforzo e implicación no aspecto deportivo, senon tamén e sobre todo, polo seu comportamento e mentalidade. Non todo é gañar ou perder. O máis importante é competir ao máximo e divertirse xogando ao baloncesto, e de seguro que o fixemos!

blankblankblank

O basket non se detén en Salceda, e a próxima fin de semana teremos un dos eventos máis especiais para nós: un ano e medio despois, retomamos o acto de presentación do clube, nesta tempada do 30 aniversario do C.B.CASELAS.

Será a tarde do Domingo 19 de decembro no Pavillón Municipal de Salceda e despois xogará o senior masculino!

Esperámosvos! ARRIBA CASELAS!