Fin de semana cargado de emocións o que vivimos nas xornadas de sábado e domingo no pavillón municipal de Salceda de Caselas, coa festa presentación do clube e 5 partidos dos nosos equipos en casa!

SENIOR FEMININO

blank

C.B.CASELAS LR NATURAL GRANITE 60 – 46 C.B.XINZO

Parciais: 25 – 14 / 11 – 16 / 14 – 9 / 10 – 7

Anotadoras: Tamara 18; Alejandra 14; Cristina 8; Elena 5; Laura 4; Saray 3; Susana 2; Irene 2; Lucía 2; Iria 2; Raquel.

O Caselas senior feminino, expoleado por un ambientazo nunha grada repleta de xogador@s da canteira, familiares e afeccionad@s do clube, saíu á pista a por todas cun inicio arrollador, acadando un primeiro parcial a favor de 12 – 0, marcando un ritmo frenético de xogo neste primeiro periodo (acabando con 25 puntos a favor despois dos 10 minutos iniciais); toda unha declaración de intencións.

As visitantes recuperáronse do golpe inicial no segundo periodo, grazas ao acerto no tiro exterior da súa xogadora Helena González, que rematou o partido coa frioleira de 7 triplas!

A pesares da mellora do equipo de Xinzo, que tentou atascar o ataque do Caselas a través da defensa zonal que plantexaron durante toda a segunda metade, as nosas dominaron o partido en todo momento grazas a un gran traballo colectivo, no que todas as xogadoras aportaron o seu gran de area e mostraron a melloría do equipo a medida que avanza a tempada.

Co resultado final, o Caselas acadou a súa segunda victoria consecutiva na casa. O noso pavillón comeza a ser o fortín que buscamos nesta competición senior feminino, demostrando que para gañar aquí os equipos terán que suar a gota gorda!

Noraboa a todo e quipo e a continuar traballando!

SENIOR MASCULINO

blank

C.B.CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 39 – 59 RÍAS BAIXAS

Pariciais: 6 – 12 / 10 – 12 / 10 – 24 / 13 – 11

Anotadores: Jose 6; Héctor 6; Aitor 6; Pablo 6; Eloy 4; Fredi 3; Iván 2; Rober 2; Jorge 2; Alex 2; Manuel.

Partido duro e complicado o que tiveron que afrontar os xogadores do noso senior masculino, ante un gran rival e con varias baixas importantes. A pesares das ciscunstancias, os nosos fixeron un partido moi digno e de oficio.

Na primeira parte xogamos ben e merecimos máis, pero a mestura de desacerto e mala sorte de cara ao aro impedíu que chegásemos ao descanso cun marcador máis apretado.

O terceiro periodo foi o mellor dos visitantes, acadando ventaxas importantes, pero o Caselas non se rendíu e seguíu traballanado durante todo o partido, chegando incluso a gañar o parcial do derradeiro periodo.

Estamos moi orgullos@s do voso traballo!

CADETE FEMININO

blank

C.B.CONDADO 59 – 44 C.B.CASELAS

CADETE MASCULINO

blank

C.B.CASELAS 57 – 42 SEIS DO NADAL B

INFANTIL MASCULINO

blank

C.B.CLUNY 63 – 12 C.B.CASELAS NATURAL GRANITE

C.B.CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 55 – 59 SALESIANOS A (Prórroga)

MINI MASCULINO

blank

C.B.CASELAS 43 – 22 DEFENSORES DO MORRAZO

MINI FEMININO

blank

C.B.CASELAS 40 – 32 C.B.BAIONA

Queremos facer unha dedicatoria especial para o noso equipo Mini Feminino, despois de lograr a primeira victoria da tempada, que supón tamén a primeira victoria en dous anos para moitas destas xogadoras. Isto demostra o gran compromiso, esforzo e entusiasmo das rapazas e das familias, que a pesares de que os resultados nos partidos non acababan de chegar, continuaron perseverando e confiando no traballo do clube.

Con esforzo e alegría, todo é posible. Noraboa rapazas!!!

FESTA PRESENTACIÓN DO C.B.CASELAS 2023-24

O pasado sábado pola tarde celebramos o tradicional acto de presentación dos equipos, xogador@s, patrocinadores e colaboradores da tempada!

blank

115 xogadores e 10 equipos, record histórico do C.B.Caselas e coa gran novidade do senior feminino!

A familia do C.B.Caselas non para de medrar!!!

blank

Foi unha tarde espectacular, cun gran ambiente tanto na grada como na pista. Convivencia e baloncesto a partes iguais entre os pequen@s e @s maiores!!!

blank

Millóns de grazas a todas as familias, afeccionad@s, soci@s, xogador@s, adestrador@s, directiv@s, patrocinadores, colaboradores e corporación municipal pola vosa asistencia e comportamento durante toda a tarde. Foi unha tarde xenial que nos da forzas para continuar a traballar sen descanso neste proxecto formativo por e para o pobo de Salceda!

Noraboa aos premiad@s do sorteos!!!

blank
blank

ASISTENCIA AO PARTIDO DE 1ª DIVISIÓN ESPAÑOLA DE BALONCESTO EN CADEIRA DE RODAS:

AMFIV VIGO – BIDAIDEA BILBAO

Sábado 25/Novembro

18:00h

Pavillón do Berbés, Vigo

Lembrade que tedes ata este XOVES 23/NOV ás 23:59h para inscribiros neste enlace:

https://forms.gle/5bNbDiCGwQbKs43t9

ENTRADA GRATUITA para xpgadpr@s, familiares e soci@s do C.B.Caselas!