SENIOR FEMININO

blank

O MECO 70 – 54 C.B.CASELAS LR NATURAL GRANITE

Parciais: 29 – 8 / 12 – 14 / 17 – 16 / 12 – 16

Anotadoras: Irene 13; Alejandra 8; Tamara 6; Cristina 5; Saray 5; Lucía 4; Elena 4; Susana 3; Raquel 2; Laura 2; Iria 2.

O senior feminino realizou a súa primeira saída en autobús da tempada para visitar ao Meco de O Grove o pasado domingo. Este encontro supuxo un enfrontamento inédito entre ambos equipos, que compiten por primeira vez nesta categoría.

O primeiro cuarto marcou o devenir do partido para o Caselas, que encaixou un parcial de 29 – 8, o que provocou que as nosas tiveran que ir a remolque no marcador durante os 40 minutos.

A pesares dos esforzos das de Joseba, que competiron moi ben nos seguintes tres periodos, o mal porcentaxe nos tiros libres e o acerto exterior das locais provocaron que o resultado non fora máis apretado.

A próxima fin de semana recibiremos en casa a un dos equipos da parte alta da clasificación: o C.B.Baiona. A continuar traballando!

SENIOR MASCULINO

blank

SEIS DO NADAL VERMELLO 63 – 57 C.B.CASELAS HERMANOS NÚÑEZ

Parciais: 15 – 13 / 23 – 9 / 11 – 17 / 14 – 18

Anotadores: Aitor 13; Jose 12; Eloy 11; Xur 10; Jorge 4; Rober 3; Iván 2; Héctor 2; Fredi; Manuel.

O equipo dirixido por Martín xogou un partido moi disputado, pero que ao igual que o senior feminino, estivo marcado por un mal segundo cuarto dos nosos.

A falta de intensidade e concentración neste periodo provocou que o Caselas tivera que remontar unha diferenza de – 18 puntos despois do descanso.

A través dun gran esforzo e traballo colectivo, o equipo conseguíu poñerse a dous puntos a falta de un minuto para rematar o partido, pero finalmente a victoria quedou en Vigo.

A vindeira fin de semana visitamos ao equipo dos Sauces.

CADETE MASCULINO

blank

CÍA DE MARÍA 24 – 100 C.B.CASELAS

CADETE FEMININO

blank

C.B.CASELAS 26 – 82 CÍA DE MARÍA

INFANTIL MASCULINO

blank

C.B.BAIONA ROJO 54 – 27 C.B.CASELAS NATURAL GRANITE

BASKETGAL SAUCES OBRADOIRO 35 – 51 C.B.CASELAS HERMANOS NÚÑEZ

PREMINI

blank

C.B.BAIONA 33 – 13 C.B.CASELAS

ASISTENCIA AO PARTIDO DO AMFIV VIGO

Unha tempada máis, o Caselas asistíu a un partido de primeira división de Baloncesto en Cadeira de Rodas na casa do AMFIV VIGO, que recibía a un dos equipos punteiros da competición, o Bidaidea Bilbao.

blank

Unha expedición de 40 personas entre xogador@s, corpo técnico e famliares do Caselas poidemos desfrutar do gran espectáculo deportivo que deron ambos equipos, que fixeron as delicias do público presente no pavillón do Berbés vigués.

blank

Elena, do senior feminino, foi a premiada no sorteo do descanso!

blank

Queremos agradecer encarecidamente ao clube AMFIV VIGO o trato exquisito que sempre nos dan e destacar o gran traballo de tod@s @s atletas, que son un gran exemplo de superación para tod@s @s nos@s xogador@s do Caselas!

Xa estamos traballando para que quizáis algún día poidamos traer a Salceda unha actividade colaborativa co clube vigués…ata ahí podemos ler!