Cunha ampla traxectoria no básquet profesional, militou en clubes como Olesa, Manresa ou Xirona (onde foi considerado o mellor escolta da categoría LEB OURO) chegando á liga ACB con 27 anos da mán do Valencia Basket, co que disputou os playoffs da ACB, Copa do Rei e Euroliga.
Case nada…

Nas súas 9 tempadas en ACB, ademáis de xogar no Valencia, formou parte tamén do Andorra e do noso querido Monbus Obradoiro e rematou a súa carreira noutro club moi coñecido polo Caselas: o COB Ourense.

Paralelamente á súa importante carreira no baloncesto profesional de máximo nivel, estudiou Enxeñería Técnica Informática así como o máster Data Science e na actualidade traballa de axente de xogadores.
Tamén escribíu un libro infantil titulado El Sueño de Liam, buscando ensinar aos máis pequenos os valores do baloncesto.
Este auténtico xogadorazo ACB visitará o noso V CAMPUS DE VERÁN para contarlle @s campers a súa experiencia no baloncesto e a importancia de compaxinar a carreira profesional cos estudos.
Non nos da chegado o día para que David esté en Salceda !


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments