blank

O CB.Caselas senior rematou a súa partcipación na Copa Primavera cunha derrota na cancha do Rías Baixas nun encontro irregular.

Pese a todo, salvo no primeiro cuarto (xa perdiamos por 13 puntos), no resto demos a cara e competimos ben contra un rival da 3ªdivisión A.
O equipo de Adrián Salgado, que contou coa importante baixa de Darío, remata así a temporada 17/18. Precisamente o Rías Baixas Verde clasifícase para as semifinais de Copa.
CB.Caselas (46): Xur 16, Carlos, Manu 12, Fredi 3, Nico 4. QUINTETO. Sergio 2, Javi 4, Jose 3, Rober e Toni 2.
Parciais: 24-11/ 10-11 / 16-11 / 18-13.

CATEGORÍAS BASE:
Fin de temporada para toda a base, excepto para o Infantil Masc, que lle queda unha xornada de liga.
Salientar o magnífico terceiro posto na liga do Premini Mixto, pese a perder nesta última xornada co campeón Colexio Mariano. Os xogadores de Adrián colgaron unha merecida medalla que premia o seu traballo. Noraboa.
Por certo, o equipo Baby tamén terá unha última concentración.
Resultados:
Infantil Masc: CASELAS 54 REDONDELA 52
Mini Masc: BASKETGAL 63 CASELAS 43
Mini Fem: SALESIANOS VIGO 28 CASELAS 40
Premini: C.MARIANO 51 CASELAS 32